Daniel Anido
Daniel Anido, nado en Lugo en 1960, é un xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Daniel Anido Díaz 10 de xuño de 1960 (64 anos) Lugo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación (Universidad del País Vasco) (en) - Q67146338 (1979–1985) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Período de actividade | 1986 - |
Empregador | Grupo PRISA (1987–2021) Q6126207 |
Lingua | Lingua castelá |
Premios |
Traxectoria
editarÉ fillo de pais galegos, pero criouse no País Vasco. Iniciouse profesionalmente na redacción de informativos de Radio Bilbao, pertencente á cadena SER. Despois foi nomeado subdirector e director de informativos da emisora en Madrid. En febreiro de 2011 foi nomeado director de contidos falados de Prisa Radio.
Sendo director dos Servizos Informativos da SER, o seu equipo obtivo dous Premios Ondas, polo seguimento da crise do Prestige e pola cobertura informativa do atentado do 11-M.
En 2010 recibiu o premio José Couso á liberdade de expresión[1], o Premio de periodismo da Unió de periodistes de València, e o primeiro premio IX Decreto, da Asociación da Prensa de Cádiz, pola súa contribución ao exercicio do periodismo e a súa defensa da liberdade de expresión.
En decembro de 2009 foi condenado xunto a Rodolfo Irago por difundir unha lista das afiliacións irregulares do PP que tamén foi publicada en Internet. Porén, tras recorrir á audiencia provincial de Madrid, foi absolto en xuño de 2010[2].
Notas
editar- ↑ "Daniel Anido e Rodolfo Irago recolleron en Ferrol o Premio José Couso" Arquivado 30 de xullo de 2010 en Wayback Machine., artigo en Xornal de Galicia, 14 de maio de 2010.
- ↑ "Daniel Anido deja la dirección de la Cadena Ser", artigo en Público, 21 de febreiro de 2011 (en castelán).