Dama Alaricana é unha marca de cervexa artesá producida na Portela de Aira Vella, Allariz (Ourense). A cervexa recibe o seu nome do xentilicio feminino da localidade na que é elaborada, elixindo o feminino pola importancia da muller na sociedade e na historia de Galiza.

Características editar

A Dama Alaricana é unha cervexa fabricada de xeito artesanal, dende o moído e a adición do gran, ata a etiquetaxe das botellas. Na súa produción non se empregan conservantes nin colorantes artificiais, non está pasteurizada e realiza a súa segunda fermentación en botella.

Tipos de cervexa editar

Dama Alaricana elabora un único tipo de cervexa polo momento:

  • Queimada: Recibe o seu nome en substitución do máis común e coñecido: “Tostada” ou “Torrada”. É unha cervexa de alta fermentación estilo Pale Ale, elaborada con catro clases distintas de malte de cebada (Pale Ale, Caramel Lixeiro, Melanoidine e Aromatic malt), dous lúpulos (Citra e Amarelo), auga pura da Portela de Aira Vella e fermento para cervexas ales de alta fermentación. Posúe unha cor ámbar con fulgores avermellados e escuma densa e branca. O seu aroma é intenso claramente maltoso a cereal, con notas de galleta acaramelada e coñac, mentres que o seu sabor é doce e lixeiramente áspero ao padal con amargor seco e sutil, retrogusto cítrico e curto. Ten unha gradación alcohólica de 5,4 graos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar