Daiquiri (cóctel)
Daiquiri é unha familia de cócteles cuxos ingredientes principais son ron, zume de limón e azucre ou outro edulcorante,
O Daiquirí é unha das seis bebidas básicas indicadas no clásico de David A. Embury A arte de mesturar bebidas. No libro, tamén suxire algunhas variacións.
Un cóctel similar moi popular no Brasil é a Caipiriña, que inclúe cachaça.
ReceitaEditar
3/4 ron branco 1/4 zume de limón 1 culleradiña de azucre glasé.
Preparar en cocteleira con xeo triturado. Axitar vigorosamente, coar, e servir en vaso de cóctel moi frío.
OrixesEditar
O nome de Daiquirí é o nome dunha praia preto de Santiago de Cuba e dunha mina de ferro nesa zona, é unha palabra de orixe taína.[1] O daiquiri foi inventado por un enxeñeiro de minas norteamericano, chamado Jennings Cox, quen se atopaba en Cuba na época da Guerra Española-Americana.
Orixinalmente a bebida servíase nun vaso alto cheo de xeo picado. Unha culleradiña de azucre vertiase sobre o xeo e o zume dunha ou dous limas era espremido sobre o azucre, seis ou nove centilitros de ron branco finalizaban a mestura. O vaso era entón enfríado axitando unha culler de mango longo. Máis tarde, o Daiquirí evolucionou para ser mesturado nunha cocteleira cos mesmos ingredientes pero con xeo picado. Logo dunha axitación vigorosa, vértese nun vaso frauta refrixerado.
O consumo da bebida estivo localizado ata 1909, cando o almirante Lucius W. Johnson, un oficial médico da armada americana, probou a bebida de Cox. Johnson posteriormente introduciuna no 'Army and Navy Club' en Washington, D.C., e os bebedores de daiquirí aumentaron nunhas poucas décadas.
VariaciónsEditar
- Daiquirí Floridita - con licor marrasquino, creado por Constantino Ribalaigua Vert en 'El Floridita'.
- Daiquirí Hemingway ou Papa Dobre - dous medidas e media de ron branco, zume de dous limóns e medio pomelo, seis pingas de licor marrasquino, sen azucre, que se serve conxelado.[2]
- Banana Daiquiri, daiquiri ca metade dun plátano.[3]
- Strawberry daiquiri - normal con fresa engadida.
NotasEditar
- ↑ The United Confederation of Taíno People. "Taíno Dictionary" (en Spanish). Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2007. Consultado o 2007-10-18.
- ↑ http://stockpress.de/2011/02/19/hemingway-trinkt-acht-daiquiris-in-el-floridita/ Hemingway's Daiquirí - article in German
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2011. Consultado o 18 de febreiro de 2013.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Daiquiri |
BibliografíaEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Digital Images regarding Jennings Cox including an original daiquiri recipe from the Carmen Puig Collection held by the Cuban Heritage Collection of the University of Miami Libraries