DSCS III

(Redirixido desde «DSCS-3 B7»)

DSCS III (Defense Satellite Communications System III) foi un tipo de satélite de comunicacións militar dos Estados Unidos fabricado por Lockheed Martin.[1][2]

Representación dun satélite DSCS III.

CaracterísticasEditar

Os satélites DSCS III son a continuación dos DSCS II e estaban deseñados para proporcionar comunicacións seguras de voz e datos nas peores condicións. Cada satélite levaba sete transpondedores, un deles de propósito especial e un único canal, tres antenas receptoras e cinco antenas transmisoras. Un deles DSCS III B7) levaba tamén o experimento CHARGECON-GEO para o Programa de Probas Espaciais. A alimentación eléctrica era producida por dous paneis solares que podían xerar ata 1700 W de potencia. Estaban situados na órbita xeoestacionaria.[1][2]

Lanzáronse un total de 14 satélites DSCS III entre 1982 e 1992, todos con éxito. Usáronse unha variedade de foguetes para poñelos en órbita: Titan 34D, Delta 4M, o transbordador espacial durante a misión STS-51-J e o Atlas 2A. O último satélite DSCS III foi posto fora de servoz en 2015.[1][2]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "DSCS III" (en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "DSCS-3" (en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2020. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar