DS-U2-MP
Modelo de satélite artificial soviético.
DS-U2-MP foi o nome dun modelo de satélites artificiais soviético adicado a estudar a presenza e distribución dos micrometeoroides desde a órbita terrestre e facer observacións astronómicas no rango dos raios gamma.[1][2][3]
En total lanzáronse dous satélites da serie DS-U2-MP: o Kosmos 135 o 12 de decembro de 1966, e o Kosmos 163 o 5 de xuño de 1967. Ámbolos dous satélites foron lanzados desde a base de Kapustin Yar con éxito mediante foguetes Kosmos 2I.[1][2]
Historial de lanzamentos
editarData[1][2] | Rampla de lanzamento[1][2] | Carga[1][2] | Resultado[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|---|
12 de decembro de 1966, 20:38 GMT | Kapustin Yar | Kosmos 135 | Éxito | Primeiro voo dun DS-U2-MP. |
5 de xuño de 1967, 5:03 GMT | Kapustin Yar | Kosmos 163 | Éxito | Último voo dun DS-U2-MP. |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2011). "DS-U2-MP" (en inglés). Consultado o 4 de novembro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DS-U2-MP" (en inglés). Consultado o 4 de novembro de 2012.
- ↑ NASA, ed. (2012). "The Cosmos series" (en inglés). Consultado o 4 de novembro de 2012.