Dong Fang Hong 3

(Redirección desde «DFH-3 2»)

Dong Fang Hong 3 foi un tipo de satélite de comunicacións da República Popular da China.[1][2]

Características editar

Os dous DFH-3 lanzados eran satélites de comunicacións de capacidade media baseados no bus do mesmo nome, DFH-3, usados posteriormente noutros satélites. Foron lanzados mediante foguetes CZ-3A e a primeira unidade non chegou á súa órbita polo fallo da última etapa do foguete lanzador. Estabilizábanse nos tres eixos e tiñan unha masa de 2200 kg. Levaban a bordo 24 transpondedores en banda C para as comunicacións, con capacidade para seis canais de televisión e 18 canais de transmisión. Os paneis solares proporcionaban ata 2 kW de potencia eléctrica. O segundo DFH-3 foi tamén coñecido como ChinaSat 6.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2019). "DFH-3" (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "DFH-3 1, 2 (ZX 6 / ChinaSat 6)" (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar