Dong Fang Hong 3 (bus)
(Redirección desde «DFH-3 (bus)»)
O bus Dong Fang Hong 3 (abreviadamente DFH-3), homónimo ó dos satélites DFH-3, é un tipo de bus para satélites fabricado en China.[1][2]
Características
editarO bus DFH-3 está pensado para satélites de comunicacións na órbita xeoestacionaria e estabilizados nos tres eixos, aínda que pode ser adaptado para satélites noutras órbitas ou incluso sondas de espazo profundo. Ten unha estrutura hexahédrica dividida en tres módulos: propulsión, servizo e comunicacións, e antenas de comunicación e paneis solares. O bus está composto tamén por sete subsistemas: estrutura, control, enerxía, telemetría e seguimento, propulsión, control térmico e comunicacións. Hai tres versións do bus, cada un con características melloradas: DFH-3, DFH-3A e DFH-3B.[1][2]
DFH-3
editar- Dimensións: 2,20 m x 1,72 m x 2,00 m
- Masa: 2320 kg
- Carga útil: 230 kg
- Potencia eléctrica: 1700 W
- Consumo máximo da carga útil: 1000 W
- Tempo de vida: 8 anos
DFH-3A
editar- Dimensións: 2,40 m x 1,72 m x 2,20 m
- Masa: 2740 kg
- Carga útil: 360 kg
- Potencia eléctrica: 4000 W
- Consumo máximo da carga útil: 2500 W
- Tempo de vida: 12 anos
DFH-3B
editar- Dimensións: 2,20 m x 2,00 m x 3,10 m
- Masa: 2740 kg
- Carga útil: 360 kg
- Potencia eléctrica: 4000 W
- Consumo máximo da carga útil: 2500 W
- Tempo de vida: 12 anos