DC-X e a súa evolución, DC-XA (DC por Delta Clipper e X por experimental) foi un foguete experimental dos Estados Unidos probado entre 1993 e 1996.[1][1][3]

DC-X / DC-XA / Delta Clipper
FunciónExperimental
país de orixeEstados Unidos
Tamaño
altura11,89 m (DC-X), 12,60 (DC-XA)[1][2]
diámetro3,05 m (DC-X), 4,95 m (DC-XA)[1][2]
Etapas1[1][2]
Lanzamento históricos
EstadoRetirado[1][2]
SitiosZona de mísiles de White Sands[1][2]
Total de lanzamentos12[1]
exitosos11[1]
fallos1[1]
Voo inaugural18 de agosto de 1993[1]
Último voo31 de xullo de 1996[1]
Primeira etapa – DC-X / DC-XA
masa cheo16.320 kg (DC-X), 19.000 kg (DC-XA)[1][2]
impulsado por4 RL-10A-5[1][2]
potencia máxima242,0 kN[1][2]
propelenteOsíxeno líquido e hidróxeno líquido[1][2]
editar datos en Wikidata ]

Características editar

O DC-X foi o resultado dun programa da oficina da Iniciativa de Defensa Espacial na busca dun foguete que puidera acceder ao espazo usando unha soa etapa. O vehículo foi proposto por McDonnell-Douglas, gañando o concurso de propostas lanzado pola organización gobernamental. O DC-X era a versión a escala 1/3 dun hipotético prototipo (o DC-Y) que sería capaz de chegar a órbita e que nunca chegaría a ser construído. O propósito do foguete era probar varios conceptos relacionados co uso dunha única etapa e demostrar a súa viabilidade, para o cal se fixeron probas na zona de mísiles de White Sands. Os voos de proba levaron ao vehículo a alturas progresivamente maiores ata chegar aos 5500 m. Durante o oitavo voo o casco do foguete rachou ao aterrar bruscamente. O foguete foi reparado e mellorado, dando lugar ao DC-XA, que foi usado pola NASA no programa de vehículos reutilizables ata que no seu cuarto voo o foguete resultou practicamente destruído, poñéndose fin ao programa.[1][2][3]

A forma do DC-X era cónica, de 4,1 m de diámetro na base e case 12 m de altura e unha masa en baleiro de 9100 kg. O DC-XA era lixeiramente máis grande e menos pesado, con mellores prestacións.[1][2][3]

Historial de lanzamentos editar

Voo[1][3] Data[1][3] Rampla de lanzamento[1][3] Carga[1][3] Resultado[1][3] Notas
1 18 de agosto de 1993 White Sands Voo de proba Éxito Primeiro voo dun DC-X
2 11 de setembro de 1993 White Sands Voo de proba Éxito
3 30 de setembro de 1993 White Sands Voo de proba Éxito
4 20 de xuño de 1994 White Sands Voo de proba Éxito
5 27 de xuño de 1994 White Sands Voo de proba Éxito
6 27 de xuño de 1994 White Sands Voo de proba Abortado Voo abortado durante unha vez no aire debido a unha explosión de hidróxeno.
7 16 de maio de 1995 White Sands Voo de proba Éxito
8 7 de xullo de 1995 White Sands Voo de proba Éxito O casco do foguete rachou nunha aterraxe brusca.
9 19 de maio de 1996 White Sands Voo de proba Éxito Primeiro voo dun DC-XA.
10 7 de xuño de 1996 White Sands Voo de proba Éxito
11 9 de xuño de 1996 White Sands Voo de proba Éxito
12 31 de xullo de 1996 White Sands Voo de proba Fallo Unha das patas do foguete non se extendeu, provocando a caída durante a aterraxe e subsecuente explosión. Último voo do DC-XA.

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 Mark Wade (2019). "DC-X" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 Mark Wade (2019). "DC-XA" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "DC-X / DC-XA" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar