Czesław Kozon

Czesław Kozon, nado o 17 de novembro de 1951 en Idestrup (Falster, Dinamarca), é un eclesiástico católico latino, dende 1995 bispo de Copenhague.

Czesław Kozon
Czeslaw Kozon.jpg
Bispo da Igrexa católica latina
Biografía
Nacemento17 de novembro de 1951 en Idestrup, Falster, Dinamarca
Bispo de Copenhague
1995 - actualidade
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

TraxectoriaEditar

Naceu nunha familia de orixe polaca o 17 de novembro de 1951 en Idestrup, na illa de Falster. O 6 de xaneiro de 1979 foi ordenado sacerdote.

O 22 de marzo de 1995 foi nomeado bispo de Copenhague. Recibiu a consagración episcopal o 7 de maio de mans do seu predecesor Hans Ludvig Martensen, e tivo como co-consagrantes ao bispo de Helsinqui Paul Verschuren e ao bispo auxiliar de Łomża Edward Samsel.