Cuscuta epithymum
Cuscuta epithymum | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cuscuta epithymum | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
|
Cuscuta epithymum é unha planta parasita nativa de Europa, pertencente á familia Convolvulaceae, aínda que estaba clasificada anteriormente na antiga familia Cuscutaceae. É un parasito notable do toxo ou das xestas. Ten os nomes de barbas de raposo, liño de raposo, etc.[1]
Descrición editar
É unha planta parasita, herbácea, anual, sen follas e que se fixa aos seus hóspedes con pequenas raíces succionantes. Os seus hóspedes principais son a ortiga, o trevo e o lúpulo. Parasita tamén leguminosas, como as mencionadas toxos e xestas, e ericáceas. Ten o talo arroibado moi ramificado con escamas foliares. As flores son pequeas, brancas ou rosadas con corola de cinco lóbulos agrupados en glomérulos. O froito é unha cápsula.
Taxonomía editar
Cuscuta epithymum foi descrita por Carl Linnaeus e publicado en Systemat Vegetabilium. Editio decima quarta 140. 1774.[2]
- Sinonimia
Notas editar
- ↑ Nomes en Real Jardín Botánico
- ↑ "Cuscuta epithymum". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 29 de decembro de 2013.
- ↑ "Cuscuta epithymum". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 30 de decembro de 2009.