O curro da Enxa é unha instalación ecuestre situada nos Chans de Raña, no monte da Enxa (538 m), en Baroña (Porto do Son). As instalacións inclúen un circuíto de carreiras de cabalos, 3 curros de madeira, unha zona de lecer e picnic, e 2 alpendres.

Rapa das bestas

editar

Neste recinto celébrase a primeira semana de agosto a rapa das bestas da Enxa, unha rapa que foi resucitada en 2010 despois de 8 anos sen levarse a cabo por mor da falta de entendemento entre os gandeiros locais e a comunidade de montes. A rapa da Enxa xunta a máis de 100 cabalos das leiras que están a carón, ós que se lle cortan a crina. Os asistentes tamén comen no recinto, e pola tarde hai carreiras no circuíto de carreiras adxacente ós curros.

Circuíto de carreiras

editar

Juan Rivadulla, presidente da Asociación Monte da Enxa. comentou con motivo da rapa do 2010, que durante os próximos anos haberá carreiras de cabalos cada 1 de maio no hipódromo do recinto. Trátase dun circuíto de area para carreiras de cabalos cunha lonxitude duns 500 metros que non está homologado pola Federación Hípica Galega, pois non ten valos nin pola corda nin ó redor.

 

Imaxe do recinto tomada dende o alto do monte da Enxa
Hipódromo
Curro
Picnic
Curro
Curro

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar