Abrir o menú principal

Cunaxa, en grego antigo Κούναξα / Kúnaxa era no século -V unha aldea do imperio persa, situado na beira esquerda do río Éufrates a 60 ou 90 km ao norte de Babilonia. Estaba dominado, segundo Xenofonte de Atenas, por un tell. Non se coñece con exactitude o seu emprazamento preciso, que habería que buscar nas aforas ao oeste de Bagdad, ao sueste de de Falloudja.

O 3 de setembro de -401 foi o teatro dunha batalla entre Artaxerxes II Mnemon e o seu irmán, Ciro o Novo, en cuxo curso este último resultou vencido e morto. Os seus mercenarios gregos realizaron daquela a famosa retirada dos Dez Mil, que se relata na Anábase de Xenofonte.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar