Cul de Sac
Cul de Sac é unha banda de post-rock estadounidense formada en 1990 en Boston, Massachusetts. A súa música é principalmente instrumental. Está liderada polo guitarrista Glenn Jones, que xunto ao teclista Robin Amos son os únicos membros constantes da banda.
Cul de Sac | |
---|---|
Orixe | Boston, Massachusetts, ![]() |
Período | 1990 - presente |
Xénero(s) | post-rock, rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Shock Records, Nuf Sed, Lunar Rotation, New World of Sound, Earworm, Rough Trade/Capella, Northeastern, Flying Nun Records, Thirsty Ear, Strange Attractors Audio House |
Membros | Glenn Jones Robin Amos Jon Proudman Jonathan LaMaster Jake Trussell |
Na rede | |
http://www.culdesac.org | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Cul de Sac foi clasificada por moitos críticos como post-rock, pero Jones ten expresado a súa desconformidade con ese termo. A banda ten colaborado co guitarrista John Fahey e co cantante de Can Damo Suzuki.
Glenn Jones tamén gravou tres álbums en solitario, This Is the Wind That Blows It Out (2004), Against Which the Sea Continually Beats (2007) e The Wanting (2011).
DiscografíaEditar
Álbum | Ano | Selo | Observacións |
---|---|---|---|
ECIM | 1991 | Capella | |
I Don't Want to Go to Bed | 1995 | Thirsty Ear | |
China Gate | 1996 | Thirsty Ear | |
The Epiphany of Glenn Jones | 1997 | Thirsty Ear | con John Fahey |
Crashes to Light, Minutes to its Fall | 1999 | Thirsty Ear | |
Immortality Lessons | 2002 | Strange Attractors Audio House | ao vivo |
Death of the Sun | 2003 | Strange Attractors Audio House | |
The Strangler's Wife | 2003 | Strange Attractors Audio House | |
Abhayamudra | 2004 | Strange Attractors Audio House | ao vivo, con Damo Suzuki |