Grupo Cuevas

empresa galega de alimentación
(Redirección desde «Cuevas y Cía»)

Cuevas y Cía é unha empresa galega do sector da alimentación de Ourense, máis coñecida pola produción de marron glacé.

Cuevas y Cía SA
TipoSociedade Anónima
Fundación1867
MatrizGrupo Cuevas
LocalizaciónPolígono Ind. San Cibrao das Viñas r/1 nº10 32901 San Cibrao das Viñas, (Ourense) Galicia Galicia
FundadorFrancisco de las Cuevas y Cabo
IndustriaAlimentación
ProdutosCastañas
Beneficio99,8 millóns de euros (en 2016)[1]
Número de empregados420 persoas
Na rede
https://www.grupocuevas.com/
editar datos en Wikidata ]

As súas orixes están en 1867, nun negocio de ultramarinos aberto por Francisco de las Cuevas y Cabo en Ourense. En 1944 comezaron a exportación de castaña fresca. En 1970 comezou a venda de castaña conxelada para os mercados asiáticos. Xa en 1980 José Posada iniciou a produción de marron glacé, a primeira fábrica de España.[2]

Empresas editar

O grupo Cuevas está formado por empresas que se adican a produción e distribución de alimentación e aos servizos.

  • Horeca cash
  • Aquí, supermercados
  • Aquié, supermercados
  • Cuevas y Cía
  • Plenus, supermercado do grupo
  • Frunatur, froitas vexetais frescas
  • Tomóvil, concesionario Ford

Notas editar