Cuestión de sangue
filme de 2021 dirixido por Tom McCarthy
Cuestión de sangue (en inglés: Stillwater) é un filme estadounidense de 2021 dirixido por Tom McCarthy. Baséase nun guión escrito por McCarthy xunto con Marcus Hinchey, Thomas Bidegain e Noé Debré. É o primeiro filme de DreamWorks Pictures en ser distribuído por Focus Features. Está protagonizado por Matt Damon como un traballador desempregado dunha plataforma petrolífera de Oklahoma que se embarca cunha muller francesa (Camille Cottin) para demostrar a inocencia da súa filla condenada (Abigail Breslin).
Cuestión de sangue | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Stillwater |
Director | Tom McCarthy |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes | |
Música | Mychael Danna |
Fotografía | Masanobu Takayanagi |
Montaxe | Tom McArdle |
Estudio |
|
Distribuidora | Focus Features |
Estrea | Cannes: 8 de xullo de 2021 |
Duración | 140 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Crime e drama |
Orzamento | 20 millóns de dólares[2] |
Recadación | 19,8 millóns de dólares |
Na rede | |
https://www.focusfeatures.com/stillwater | |
Estreouse en galego o 29 de marzo de 2023 a través da TVG.[3][4]
Personaxes editar
- Matt Damon como Bill Baker
- Abigail Breslin como Allison Baker
- Camille Cottin como Virginie
- Lilou Siauvaud como Maya
- Deanna Dunagan como Sharon
- Idir Azougli como Akim
- Anne Le Ny como Leparq
- Moussa Maaskri como Dirosa
- William Nadylam como Patrick
Notas editar
- ↑ "Stillwater". Festival Internacional de Cinema de Cannes. Consultado o 28 de xuño de 2021.
- ↑ "Stillwater (2021)". TNMOD.com. Consultado o 28 de xullo de 2021.
- ↑ @AntRubal (ed.). "Cuestión de sangue en galego na TVG". Consultado o 28 de marzo de 2023.
- ↑ @DobraxeGalega (ed.). "Filmes dobrados ao galego na TVG en 2023". Consultado o 3 de xaneiro de 2024.