Abrir o menú principal

Cuarto Milenio é un programa de televisión emitido pola canle televisiva Cuatro de España. Está presentado e dirixido polo xornalista alavés Iker Jiménez.

Historia e característicasEditar

A súa primeira emisión realizouse o 13 de novembro de 2005. Neste programa analízanse supostos fenómenos paranormais e misterios sen resolver. Iker Jiménez, que tamén conduce un programa de radio na Cadena SER chamado Milenio 3, denomina o seu traballo xornalismo de investigación. En ámbolos dous espazos conta coa colaboración da xornalista Carmen Porter (quen é ademais a súa muller) e un equipo de investigadores.

O programa é así mesmo un perfecto instrumento de autopromoción, xa que nel se publicitan os libros da colección de Iker Jiménez, publicados pola editorial Edaf. Este programa foi un dos éxitos da primeira tempada de Cuatro, chegando a triplica-la media de audiencia da cadea.