Carmen Porter
Carmen María Porter Ucha, nada en Madrid o 23 de agosto de 1974, é licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e a Universidade Europea de Madrid.
Carmen Porter | |
---|---|
Nome completo | Carmen María Porter Ucha |
Nacemento | 23 de agosto de 1974 |
Madrid | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid e Universidade Europeia de Madrid |
Ocupación | locutor de radio, escritora e presentadora de televisión |
Cónxuxe | Iker Jiménez Elizari |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
É subdirectora do programa de radio Milenio 3, que se emite na Cadena SER e do programa de televisión Cuarto Milenio en Cuatro. É colaboradora da revista Más Allá.
Foi redactora da revista Enigmas do home e do universo, na que se encargou, entre outros temas, dun suplemento en forma de xornal, que contiña noticias do mundo do misterio, ao que denominaban Enigmas Expreso. Tamén foi redactora no programa de televisión El Otro Lado de la Realidad que se emite en Telemadrid.
Vida persoalEditar
É a dona do xornalista Iker Jiménez, e colabora con el en numerosos proxectos xornalísticos.
PublicaciónsEditar
- Misterios de la Iglesia. Ed. EDAF, S.A., 2002. ISBN 84-414-1104-2
- La sábana Santa: ¿Fotografía de Jesucristo?. Ed. EDAF, S.A., 2003. ISBN 84-414-1241-3
- La Iglesia y sus demonios. Ed. EDAF, S.A., 2005. ISBN 84-414-1773-3
- Milenio 3: El libro. Aguilar, S.A. de ediciones-Grupo Santillana, 2006. ISBN 84-03-09710-7