Cuarteto (xénero musical)

O cuarteto é un xénero de música popular de Córdoba, Arxentina, caracterizado por un ritmo movido e tropical, que se escoita na Arxentina e máis nalgúns países de América do Sur.

Historia

editar

Dende a súa creación na década de 1940 foi bailado exclusivamente pola clase traballadora, e desprezado pola clase media e alta. Nos anos 90, o xénero volveuse máis popular en toda Arxentina e xa non era escoitado só pola clase baixa, senón tamén por un gran sector da poboación sen distinción de clases.