Crystal Wahpepah
Crystal Wahpepah é unha chef indíxena americana. Foi a primeira chef indíxena no programa de televisión de cociña Chopped.[1] Wahpepah dirixe un negocio de catering e un restaurante, que pretenden recuperar a cociña nativa americana.[2][3] Recibiu o Premio "Indigenous Artist Activist".[1]
Biografía | |
---|---|
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Kickapoo Tribe of Oklahoma (en) |
Educación | Le Cordon Bleu (pt) |
Actividade | |
Ocupación | chef |
Lingua | Lingua inglesa |
Traxectoria
editarWahpepah naceu e criouse en Oakland, California.[1] É membro dos pobos kickapoo, sauk e fox de Oklahoma.[4] De nena cociñaba cos seus parentes máis vellos.[4]
Wahpepah asistiu á escola de cociña Le Cordon Bleu, onde estudou cociña francesa.[1]Máis tarde, viaxou polos Estados Unidos e aprendeu máis sobre a agricultura e a cociña nativas.[4] No momento da apertura do seu restaurante, Wahpepah's Kitchen, non había restaurantes de comida autóctona na Área da Baía de San Francisco.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mindess, Anna. "Crystal Wahpepah is clearing a path for indigenous chefs." nosh. 2020-08-19
- ↑ "For the Love of Native Foods: Chef Crystal Wahpepah". www.culturalsurvival.org (en inglés). Consultado o 2022-05-01.
- ↑ "Rare and highly anticipated Native American restaurant debuts in Oakland". The Mercury News (en inglés). 2021-11-26. Consultado o 2022-05-01.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Kickapoo chef honors her heritage with oakland's first indigenous restaurant (2021). Washington, D.C.: NPR. Consultado o 2021-12-07.