Cruzcampo é a primeira empresa cervexeira do Estado español no que se refire a volume de vendas.[1][2] A súa sede está na cidade de Sevilla (España), e pertence ao Grupo Heineken.

Cruzcampo

Editar o valor em Wikidata
TipoSociedade anónima
Fundación1904
LocalizaciónSevilla
IndustriaCervexa
Na rede
http://www.cruzcampo.es
Facebook: 100064730644600 Twitter: Cruzcampo Instagram: cruzcampo Youtube: UCyj63N5WyQfwfZjQJ-K8IrQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Fábrica de Cruzcampo.
Un camión de cervexa Cruzcampo sobre o ano 1920.

Historia editar

Cruzcampo foi fundada en 1904 polos portuenses Roberto e Tomás Osborne Guezala, pertencentes á saga dos Osborne. A fundación en Sevilla, toma o seu nome de La Cruz del Campo, un templete situado no que daquela eran os campos que circundaban Sevilla.[1]

O rei lendario de Gambrinus (Flandres, Bélxica, século XIII), é o símbolo oficial da empresa dende 1926.[3]

Actualidade editar

Na actualidade forma parte da multinacional neerlandesa Heineken, que lla comprou a Guinness no 2000.[4] Segue sendo a máis vendida en Sevilla.[2]

Cervexas que fabrica editar

Cruzcampo editar

  • Cruzcampo 20cl. Tipo pilsen.
  • Cruzcampo 25cl. Tipo pilsen.
  • Cruzcampo 33cl. Tipo pilsen.
  • Cruzcampo 33cl. "Especial": graduación 5.7º e 13ºP.
  • Cruzcampo 33cl. "Pilsen y Especial: Jaén"[5]
  • Cruzcampo 33cl. "Light".
  • Cruzcampo "Future".
  • Cruzcampo "Shandy".
  • Cruzcampo Export.
  • Big Cruzcampo.
  • Cruzcampo Reserva
  • Barril 5 Litros con sistema de presión incorporado
  • Barril 50 Litros para uso con tirador

Outras editar

  • Amstel (Antiga Cervexas El Águila).
  • El Alcázar (Lata 33cl. e 1 Litro), aínda que non pertence a Heineken segue a fabricarse en Xaén.
  • Latino (Tinto de verán).
  • Kaliber: Sen Alcohol.
  • El León.
  • Krone Lager.
  • Spieler Pils.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de novembro de 2011. Consultado o 07 de decembro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 Cuerpo
  3. Cruzcampo.es#Sección Conócenos Arquivado 05 de outubro de 2007 en Wayback Machine. Quien es Gambrinus
  4. "Cruzcampo". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2007. Consultado o 07 de decembro de 2011. 
  5. Alhambra lanza otra cerveza para substituír la marca Alcázar - CincoDias.com

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar