Cruz de Avelán

cruceiro en San Xoán de Laíño (Dodro)
(Redirección desde «Cruz do Avelán»)

Coordenadas: 42°43′10″N 8°44′26″O / 42.71944444, -8.74055556

A Cruz de Avelán é un cruceiro situado en San Xoán de Laíño (Dodro), a un quilómetro da igrexa de san Xoán indo cara ás aldeas da Devesa e Teaio. Celébrase tódolos anos unha romaría, no lugar onde se encontra o cruceiro, a comezos do mes de xuño.

Cruz de Avelán
Cruz de Avelán
Presentación
LocalizaciónDodro
DirecciónSan Xoán de Laíño
TipoCruceiro de capela
Construción
Data da construciónséculo XVII
A Cruz de Avelán coa inscrición "1672" (tratada dixitalmente).

Características editar

É un cruceiro de capela ou loreto datado no século XVII. Conta cunha grosa columna que descansa sobre unha escada de tres chanzos, e sobre a que se alza a capeliña coroada por unha imaxe de Xesús Cristo.

Está ben conservado a pesar da súa antigüidade; fáltalle a imaxe do interior da capela así como a tapa da caixón acoirazado ademais do retablo de ánimas, se é que algunha vez os tivo. Esta construción arquitectónica está datada no ano 1672,[1][2] non podéndose demostrar que realmente fora de ánimas auténtico, por non aparecer estas citadas explicitamente na epígrafe e non conservar o retablo de ánimas no Purgatorio.

Notas editar

  1. "Cruceiro de Avelán". Turismo.gal: Xunta de Galicia. Consultado o 10-12-2023. 
  2. "Cruz de Avelán". PXOM de Dodro: Concello de Dodro. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar