Canto rolado
Un canto rolado, canto (ás veces non son rolados), croio, seixo ou callao,[1] é un fragmento de rocha solto, susceptíbel de ser transportado por medios naturais, como as correntes de auga, os corrementos de terra etc.
Aínda que non se fai distinción de forma, en xeral un canto rolado adquire unha morfoloxía máis ou menos arredondada, subarredondada ou oblonga, sen arestas e coa superficie lisa, debido ao desgaste sufrido nos procesos erosivos e, sobre todo, durante o transporte, xeralmente causados pola corrosión ou as correntes de auga (erosión hídrica).
Tamén recibe os nomes galegos de bocha, cañó, coio, pelouro, riarengo, xeixo, xógara ou xoga.[2]
Usos
editarOs cantos rolados utilízanse xeralmente na construción. Os cantos planos son de grande utilidade para o apilamento de material e a súa adherencia au formigón ou cemento fainos moi útiles.
Granulometría
editarDentro da clasificación granulométrica das partículas do solo, os cantos rolados ocupan o seguinte lugar na escala:
Partícula | Tamaño |
---|---|
Arxilas | < 0,002 mm |
Limos | 0,002-0,06 mm |
Areas | 0,06–2 mm |
Gravas | 2 mm-6 cm |
Cantos rolados | 6–25 cm |
Bloques | >25 cm |
Notas
editarVéxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Canto rolado |