Crna mačka, beli mačor

filme de 1998 dirixido por Emir Kusturica

Crna mačka, beli mačor é un filme iugoslavo dirixido por Emir Kusturica que foi estreado en 1998. Gañou o León de Prata á mellor dirección no Festival de Cine de Venecia. A tradución literal do título é "Gato negro, gato branco". O filme ten como linguas o romaní, o serbio e o búlgaro, que se intercambian con frecuencia.

Crna mačka, beli mačor
Ficha técnica
Título orixinalЦрна мачка, бели мачор
DirectorEmir Kusturica
ProdutorKarl Baumgartner
Maksa Ćatović
GuiónEmir Kusturica
Gordan Mihić
IntérpretesBajram Severdžan
Srđan Todorović
Florijan Ajdini
Branka Katić
MúsicaNele Karajlić
Voja Aralica
Dejo Sparavalo
FotografíaThierry Arbogast
MontaxeSvetolik Zajc
DistribuidoraUSA Films (USA)
Arthaus Filmverleih (Alemaña)
Estrea1998
Duración135 minutos
OrixeIugoslavia Iugoslavia
Flag of France.svg Francia
Alemaña Alemaña
XéneroComedia
Orzamento$4 500 000[1]
Recadación$351 447 (USA)

ArgumentoEditar

Grga Pitić, un mafioso xitano que controla os vertedoiros de lixo, e Zarije Destanov, o orgulloso propietario dunhas obras de cemento, son amigos dende nenos. Agora teñen oitenta anos e sobreviviron xuntos a todo tipo de aventuras. Estando Zarije no hospital, o seu fillo Matka acode a Grga para pedirlle cartos. El e o seu socio Dadan necesítano para facer un gran negocio vendendo gasolina no mercado negro. Pero as cousas saen mal e Dadan ameaza de morte a Matka se non consegue que o seu fillo case coa súa única irmá solteira.

PersonaxesEditar

Galardóns e nomeamentosEditar

  • 1998: Venecia: León de Prata; mellor director.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar