Cristian Mungiu
Cristian Mungiu nado en Iaşi o 27 de abril de 1968, é un director de cine romanés. Canda Cristi Puiu, Radu Muntean, Cristian Nemescu, Corneliu Porumboiu e Cătălin Mitulescu é considerado un dos máis importantes expoñentes da nova onda romanesa de cinema.[1]
Cristian Mungiu | |
Información persoal | |
---|---|
Nacionalidade | Romanesa |
Data de nacemento | 27 de abril de 1968 |
Lugar de nacemento | Iaşi (Romanía) |
Filmografía | |
Películas dirixidas | |
Películas guionizadas | |
Películas producidas | |
Premios | Palma de Ouro por 4 luni, 3 săptămâni și 2 zile (2007) |
Na rede
| |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
Ficha en IMDb |
BiografíaEditar
Tras estudar literatura inglesa na Universidade Alexandru Ioan Cuza en Iaşi, Mungiu traballou durante varios anos como mestre e xornalista. Posteriormente, estudou dirección de cine na Academia de Cine e Teatro de Bucarest. Despois da súa graduación, Mungiu realizou varias curtametraxes. En 2002, realizou a súa primeira longametraxe, Occident. A película tivo éxito de crítica, recibindo varios premios en diferentes festivais de cine e aparecendo no Festival de Cine de Cannes.
En 2007, Mungiu escribiu e dirixiu o seu segundo filme, 4 luni, 3 săptămâni și 2 zile. A película foi criticada positivamente e gañaría a Palma de Ouro, sendo a primeira vez que un romanés obtén tal distinción.
Mungiu é irmán da analista política Alina Mungiu-Pippidi.
FilmografíaEditar
NotasEditar
- ↑ Caliman, Calin (29 de maio de 2007). KinoKultura, ed. "The New Waves of Romanian Cinema" (en inglés). Consultado o 14 de decembro de 2012.