A crespina é un toucado feminino similar á cofia empregado para recoller o cabelo. De orixe bizantina, coñécese o seu uso en Alemaña desde o século XII e en Francia a comezos do século XIII[1].

Iconografía de Santa Ana portando unha crespina. Século XIV

Descrición editar

A moda de recoller o cabelo cunha tela a xeito de rede xeneralizouse en todo o occidente cristián a partir do século XIII. Un dos toucados utilizados para este cometido era a crespina. A crespina recollía toda a masa de cabelo nunha rede ou bolsa, que ficaba así suspendido sobre o pescozo.

Os materiais da crespina variaban en función do seu uso e a clase social da persoa portadora. Consérvanse crespinas configuradas con simple pano áspero propias das mulleres da clase traballadora e outras de fío, liño claro, fío de ouro e ornamentadas con xoias pertencentes a mulleres das clases nobiliarias[2].

Notas editar

  1. Menéndez Pidal, Gonzalo (1986). La España del siglo XIII: leída en imágenes. p. 87. 
  2. Amphlett, Hilda. Hats: A History of Fashion in Headwear. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar