Cofia
- Este artigo trata da "cofia", peza do vestiario feminino. Para o sentido en botánica, véxase Caliptra.
Unha cofia é un toucado feminino,[1] feito de liño xeralmente, que vai cinguido á cabeza cunha cinta de seda que nalgúns casos ten cores vivas. A parte coincidente coa parte superior da cabeza era un rectángulo de puntilla e en ocasións de encaixe. Esta tea fruncíase e deixábase caer ata a metade das costas. Adoitaba ser un toucado das clases altas e medias no traxe de gala ou mesmo para asistir a cerimonias relixiosas.
Unha variante sería a gandá, que era feito cun pano de seda liso ou floreado.