Cravo Norte
Cravo Norte é unha vila e concello do departamento colombiano de Arauca. O territorio de Cravo Norte limita co concello de Arauca polo norte, Venezuela polo leste, La Primavera (Vichada) e Hato Corozal (Casanare) polo sur e Puerto Rondón polo oeste, atopándose na beira oeste do río Cravo Norte, no río Casanare.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Arauca ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 3.331 (2015) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 5.221 km² ![]() | |||
Altitude | 92 m ![]() | |||
Creación | 1874 ![]() | |||
Páxina web | cravonorte-arauca.gov.co… ![]() |
Historia
editarDurante a conquista española, Nicolás de Federman, en contacto cos xesuítas, envía ao misioneiro José Gumilla para comezar a evanxelización dos indíxenas da rexión, os cales vivían en tribos nómades (no presente seminómades) e practicaban actividades recolectoras, caza e pesca. Cravo Norte foi fundado por José Gumilla, un misioneiro xesuíta, en 1538. Contaba con só 205 habitantes en 1797.[1] En maio de 1797, realizouse o primeiro censo de La Soledad de Cravo Norte, contando con 205 homes e mulleres dos pobos guahibo e chiricoa. Posteriormente, en 1874, o venezolano Socorro Figueroa entrou nesta rexión co obxectivo de poboar con gando vacún a inmensa chaira, apoderándose do sitio chamado El Cajón de Los Ríos Cravo e Casanare.
Notas
editar- ↑ Municipio de Cravo Norte. Nuestro Municipio, ed. "Casa Grande del Llanero" (en castelán). Consultado o 25 de novembro de 2008.[Ligazón morta]
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cravo Norte |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial Arquivado 22 de decembro de 2021 en Wayback Machine. (en castelán)