Crangon franciscorum

Crangon franciscorum
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Infraorde: Caridea
Superfamilia: Crangonoidea
Familia: Crangonidae
Xénero: Crangon
Especie: C. franciscorum
Nome binomial
Crangon franciscorum
Stimpson, 1856 [1]

Crangon franciscorum é unha especie de crustáceo malacostráceo da familia dos crangónidos.

Habita nas costas do Pacífico norteamericano, desde o sueste de Alasca até San Diego (California), e constitúe, xunto con Crangon nigricauda, a maior parte da epifauna de crustáceos crangonoideos da Baía Yaquina (Oregón).

Ambas as especies aparecen frecuentemente xuntas nos estuarios, onde constitúen a base da alimentación de numerosas especies de peixes de importancia comercial e deportiva.

Crangon franciscorum péscase comercialmente na baía de San Francisco.[2]

Taxonomía editar

A especie foi descrita en 1856 polo naturalista estadounidense William Stimpson, en "On some Californian Crustacea" Proceedings of the California Academy of Sciences 1: 95-99.[1]

Nela distínguense dúas subespecies:[1][3]

  • Especie Crangon franciscorum Stimpson, 1856
    • Subespecie Crangon franciscorum angustimana Rathbun, 1902
    • Subespecie Crangon franciscorum franciscorum Stimpson, 1856

Nome galego editar

Os profesores F. Lahuerta e F. X. Vázquez propoñen para esta especie, no seu Vocabulario multilingüe, o nome de quisquilla californiana.[4]

Tamén se coñece co nome de camarón de San Francisco ou camarón da baía de San Francisco.[5]

Os nomes noutros idiomas, segundo estes autores son:

  • Castelán: quisquilla californiana
  • Francés: crevette californienne
  • Inglés: California shrimp

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar