Crailsheim Merlins
O Crailsheim Merlins, coñecido por motivos de patrocinio como HAKRO Merlins Crailsheim, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Crailsheim, Baden-Württemberg. O club actualmente xoga na Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto xermano. Fundado en 1986, desde 2005 xoga os seus partidos como local no Arena Hohenlohe, pavillón con capacidade para 3.000 espectadores.
Crailsheim Merlins | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | BBL |
Fundación | 1986 |
Cores | Azul, prata |
Presidente | Martin Romig |
Adestrador | Sebastian Gleim |
Patrocinador | Hakro |
Localización | |
Cidade | Crailsheim, Alemaña |
Pavillón | Arena Hohenlohe |
Capacidade | 3 000 |
Inauguración | 12 de marzo de 2005 |
hakro-merlins.com |
Historia
editarO Crailsheim Merlins foi fundado o 31 de xaneiro de 1986. Na temporada 2013–14 os Merlins ascenderon á Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto alemán, despois de chegar ás finais da ProA.[1] Esa temporada, o equipo acabou en segundo lugar na liga regular e nos playoffs foi quen de eliminar ao Oettinger Rockets Gotha (3−1) e ao rent4office Nürnberg. Na final polo título da segunda división, xa co ascenso conseguido, os Merlins perderon ante o BG Göttingen por un marcador global de 174 a 162. Xa na primeira división, o equipo consegue salvar a categoría debido ao descenso administrativo dos Artland Dragons. Con todo, na temporada 2015–16, o equipo non consegue repetir e regresa á ProA. No primeiro ano após o descenso o equipo consegue acabar na segunda posición en Liga regular, mais perden en primeira rolda ante o Oettinger Rockets Gotha. Na temporada 2017−18 o equipo volve a finalizar segundo e, despois de eliminar nos playoffs ao White Wings Hanau e ao Gladiators Trier, o equipo consegue regresar á máxima categoría.
Patrocinadores
editarPor motivos de patrocinio o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
- Crailsheim Merlins (1986−2007)
- Proveo Merlins Crailsheim (2007−2009)
- Crailsheim Merlins (2009−presente)
Temporadas
editarAno | Nivel | Liga | Pos. | Playoffs | Copa |
---|---|---|---|---|---|
2009–10 | ProA | – | |||
2010–11 | ProA | – | |||
2011–12 | ProA | Semi-finalist | |||
2012–13 | ProA | – | |||
2013–14 | ProA | Subcampións | |||
2014–15 | BBL | Descenso | |||
2015–16 | BBL | Descenso | |||
2016–17 | ProA | Cuartos de final | |||
2017–18 | ProA | Subcampións | |||
2018–19 | 1 | BBL | 16 | ||
2019–20 | 1 | BBL | 10 | Oitavos de final | |
2020–21 | 1 | BBL | 5 | Cuartos de final | Fase de grupos |
Xogadores
editarDestacados
editarNotas
editar- ↑ "BBL: Crailsheim schafft sportlichen Aufstieg". Handelsblatt.com (en alemán). 27 de abril de 2014. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 15 de outubro de 2018.