Craig Ehlo

baloncestista estadounidense

Joel Craig Ehlo, nado en Lubbock (Texas) o 11 de outubro de 1961, foi un xogador de baloncesto estadounidense que xogou durante 14 tempadas na NBA. Medindo 2,01 metros, xogaba na posición de escolta.

Infotaula de personaCraig Ehlo
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Lubbock, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do Estado de Washington (pt) Traducir
Monterey High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura198 cm Editar o valor em Wikidata
Peso82 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1983 Editar o valor em Wikidata - 1997 Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoAla e Escolta Editar o valor em Wikidata
Convocado porHouston Rockets Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Atlanta Hawks
- Houston Rockets
- Cleveland Cavaliers
- Seattle SuperSonics
1981-1983 Washington State Cougars men's basketball (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria deportiva

editar

Universidade

editar

Xogou durante 2 tempadas cos Cougars da Universidade de Washington State, nos que promediou 8,5 puntos e 3,2 asistencias por encontro.

Profesional

editar

Foi elixido no posto 48, na terceira rolda do Draft da NBA de 1983 por Houston Rockets, onde permaneceu durante 3 tempadas sen ter demasiada confianza por parte do seu adestrador, xogando apenas 6 minutos por partido. Na tempada 1986-87 fichou por Cleveland Cavaliers, onde pouco a pouco foi facéndose coa titularidade, chegando a facer de media 13,3 puntos, 5,4 rebotes e 4,6 asistencias en 1990. Pero sen dúbida é coñecido por ser o xogador que defendía a Michael Jordan na lendaria xogada chamada The Shot (O Tiro), unha canastra ao final do partido que lle daba a vitoria aos Bulls na primeira rolda dos Playoffs de 1989, á que lle seguiu unha esaxerada celebración por parte de Jordan.[1]

En 1994 foi traspasado a Atlanta Hawks, rematando a súa carreira na tempada 1996-97 no equipo dos Seattle Supersonics. Nos seus 14 anos como profesional promediou 8,6 puntos, 3,6 rebotes e 2,8 asistencias por partido.

Equipos

editar
Equipos Tempadas
Houston Rockets 1983-1986
Mississippi Jets (CBA) 1986
Cleveland Cavaliers 1986-1993
Atlanta Hawks 1993-1996
Seattle Supersonics 1996-1997
  1. "Jordan consegue "O Tiro"". Enciclopedia da NBA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2014. Consultado o 8 de xullo de 2014. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar