Cré na Cille é unha novela en irlandés escrita por Máirtín Ó Cadhain, publicada en 1949. Está considerada unha das mellores novelas escritas en irlandés.[1]

Cré na Cille
Autor/aMáirtín Ó Cadhain
CubertaSáirséal agus Dill
OrixeIrlanda
Linguairlandés
EditorialSáirséal agus Dill
Data de pub.1949
Páxinas364
EditorSáirséal agus Dill
TraduciónAlan Titley
Liam Mac Con Iomaire e Tim Robinson
editar datos en Wikidata ]

Título editar

Cré na Cille significa literalmente "Terra da Igrexa"; tamén foi traducida (en inglés) como A arxila do cemiterio[2], O solo do cemiterio[3], A terra do cemiterio[4], Igrexa e arxila[5] e O po sucio.[6]

Temática editar

A novela está escrita case enteiramente como conversa entre os mortos dun cemiterio de Connemara. A súa leria está chea de chismes, mordacidades, coqueteos, liortas e malmeter.[7]

Recepción editar

A novela considérase unha obra mestra da literatura irlandesa do século XX e provocou comparacións co traballo de Flann O'Brien, Samuel Beckett e James Joyce.[8][9] Na súa forma seriada, Cré na Cille líase en voz alta e por iso gañou un posto como un clásico entre os falantes irlandeses.[10][11] Cian Ó hÉigeartaigh, coautor de Sáirséal agus Dill (1947-1981), afirma que revigorizou o rexurdimento de escritura en lingua irlandesa no século XX.[12]

Historia de publicación editar

Cré na Cille foi editada como unha publicación seriada polo diario The Irish Press e entón compilado por Sáirséal agus Dill en 1949.[13] Foi traducido ó noruegués por Jan Erik Rekdal e publicado en 1995 por Gyldendal Norsk Forlag como Kirkegårdsjord - gjenfortellinger i ti mellomspill, e traducida ó dinamarqués por Ole Munch-Pedersen e publicado en 2000 por Husets Forlag como Kirkegårdsjord - genfortælling i ti mellemspil.[14][15]

Publicáronse dúas versións inglesas da novela en 2016 por parte de Yale University Press e Cló Iar-Chonnacht. A primeira tradución, O po sucio, foi traducida por Alan Titley, e a segunda, Graveyard Clay, por Liam Mac Com Iomaire e o cartógrafo británico Tim Robinson. Joan Keefe completara anteriormente unha tradución en 1984 como parte da súa tese, pero nunca se publicou.[16]

A carencia dunha tradución inglesa durante un período tan longo de case sesenta anos dende a primeira publicación do libro converteuse en parte da súa fama e foi un asunto de especulación.[17] Os tres intentos temperáns de tradución por parte de Sáirséal agus Dill estiveron cheos de problemas: o primeiro cando a moza seleccionada como tradutora marchou a un convento; o segundo pola negativa do poeta irlandés Thomas Kinsella e o terceiro polo esforzo inútil por parte dun compañeiro de prisión de Ó Cadhain.[18]

Adaptacións editar

Radio editar

Unha versión dramatizada da novela foi emitida na radio RTÉ Raidió na Gaeltachta en 1973, e revisada e reemitida en 2006 como parte das celebracións do centenario de Ó Cadhain por parte de RTÉ.[19]

Obra de teatro editar

A novela foi adaptada para a escena por Macdara Ó Fátharta e exhibiuse en 1996 e 2006.[20][21] O papel de Caitríona Pháidín foi representado por Bríd Ní Neachtain. A acción foi dramatizada “nun espazo cavernoso, cos personaxes que aparecen desde os recunchos para interactuar con Caitríona, antes de que se agochen amodo volvendo á escuridade, lembrándonos que estas persoas gradualmente están a fundirse co arxila da tumba”.[22] Bríd Ní Neachtain foi nomeada para un Premio de Teatro do Irish Times polo seu papel na obra.[23]

Filme editar

En 2007 saíu unha adaptación cinematográfica, dirixida por Robert Quinn. Como a obra de teatro, foi escrita por Macdara Ó Fatharta e protagonizada Bríd Ní Neachtain.[24]

Notas editar

  1. Irish Classics. 2001. ISBN 9780674005051. Consultado o registration. 
  2. "Graveyard Clay/Cré na Cille review: New lease of life for Irish classic". 
  3. "Cré Na Cille le Máirtín Ó Cadhain". RTÉ.ie. 
  4. Cathal Ó Háinle. "Máirtín Ó Cadhain (Aitheasc Luan na Tríonóide 2002)" (PDF). Trinity College Dublin. 
  5. State, Paul F. (3 de novembro de 2018). A Brief History of Ireland. Infobase Publishing. ISBN 9780816075164 – vía Google Books. 
  6. "The Dirty Dust Cré na Cille (Paperback Edition) - CIC". www.cic.ie. 
  7. Yale University Press (17 de marzo de 2016). "Graveyard Clay: Cré na Cille". Yale University Press. Consultado o 21 de febreiro de 2017. 
  8. Brennan, William (17 de marzo de 2016). "The Irish Novel That's So Good People Were Scared to Translate It". The New Yorker. Consultado o 21 de febreiro de 2017. 
  9. Kiberd, Declan (15 de febreiro de 2006). "No Ordinary Man". Irish Examiner. 
  10. Ó Cadhain, Máirtín (2016). "Translator's Introduction". The Dirty Dust: Cré na Cille. Traducido por Titley, Alan. New Haven: Yale University Press. pp. ix–x. ISBN 9780300198492. 
  11. Glucksman Ireland House NYU (5 de maio de 2015). "U.S. launch of The Dirty Dust with Alan Titley, Colm Tóibín, & Brian Ó Conchubhair at GIH NYU". YouTube. Consultado o 21 de febreiro de 2017. 
  12. RTÉ Radio 1 (9 de febreiro de 2015). "Arts Tonight". RTÉ. Consultado o 21 de febreiro de 2017. 
  13. NcEoin, Mairin; O'Tool, Fintan (4 de xullo de 2015). "Modern Ireland in 100 Artworks: 1949 – Cré na Cille, by Máirtín Ó Cadhain". The Irish Times. Consultado o 21 de febreiro de 2017. 
  14. Kirkegardsjord : genfortaelling i ti mellemspil. OCLC 810733488. 
  15. Kirkegårdsjord : gjenfortellinger i ti mellomspill. OCLC 46656985. 
  16. Philip, O'Leary (abril de 2016). "We're No Angels". Dublin Review of Books. 
  17. "Giving nothing away". The Irish Times. 27 de maio de 2000. Consultado o 21 de febreiro de 2017. 
  18. Cronin, Michael (7 de abril de 2001). "It's time for Cre na Cille in English". The Irish Times. Consultado o 21 de febreiro de 2017. 
  19. RTÉ Radio 1 (29 de marzo de 2012). "Cré Na Cille le Máirtín Ó Cadhain". RTÉ. Consultado o 22 de febreiro de 2017. 
  20. Abbey Theatre. "Cré na Cille 1996 (Tour)". Abbey Theatre. Consultado o 22 de febreiro de 2017. 
  21. "Going back to the plot". The Irish Times. 12 de agosto de 2006. Consultado o 22 de febreiro de2017. 
  22. Lonergan, Patrick (31 de xullo de 2006). "Reviews". The Irish Times. Consultado o 22 de febreiro de2017. 
  23. Irish Film Board (1 de decembro de 2010). "DVD of film adaptation of celebrated Irish language novel 'Cré na Cille' now available to buy". Irish Film Board. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2017. Consultado o 22 de febreiro de 2017. 
  24. RTÉ (29 de maio de 2007). "Cré na Cille shortlisted at Shanghai Film Fest". RTÉ. Consultado o 22 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar