Cráter Galilaei
Galilaei é un cráter de impacto lunar situado ao oeste do Oceanus Procellarum. A certa distancia cara ao sueste está o cráter Reiner, mentres que ao sur-suroeste está o Cavalerius. Ao nordeste do cráter hai unha rima sinuosa (depresión con forma de canal) chamada Rima Galilaei. Cara ao sueste atópase a infrecuente formación Reiner Gama, unha sucesión de remuíños de material claro disposto radialmente. Ten un diámetro de 15,5 km e unha profundidade de 1,4 km.
Galilaei é un cráter bastante ordinario, co seu bordo ben definido e cun albedo máis intenso que o dos mares circundantes. As súas paredes interiores descenden até un anel de material fragmentario no bordo exterior da superficie interior. Hai unha pequena elevación preto do centro.
A uns 40 km ao sur está o lugar de aluaxe da sonda robótica Luna 9, o primeiro vehículo da súa clase en realizar un descenso controlado na superficie lunar.
A pesar de que Galileo Galilei foi o primeiro en publicar observacións astronómicas da Lúa realizadas con telescopio, o único accidente lunar bautizado no seu honor foi esta humilde formación.
Inicialmente, o nome de Galilaeus deullo Giovanni Battista Riccioli, un xesuíta italiano que realizou un dos primeiros mapas detallados da Lúa en 1651, a unha formación grande e brillante con intenso albedo situada preto do cráter, e que agora é coñecida como Reiner Gama. O nome foi transferido ao cráter da súa actual localización por Johann Heinrich Mädler no seu influente Mappa Selenographica, publicado en colaboración con Wilhelm Beer en catro partes entre 1834 e 1836. O motivo de Mädler para este cambio foi que o seu mapa non incluía nomes de formacións de albedo intenso, forzándoo a cambiar o nome de Galileo para ese insignificante cráter ao seu carón.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Andersson, L. E.; Whitaker, E. A. (1982). NASA Catalogue of Lunar Nomenclature. NASA RP-1097.
- Blue, Jennifer (July 25, 2007). "Gazetteer of Planetary Nomenclature". USGS. Consultado o 2007-08-05.
- Bussey, B.; Spudis, P. (2004). The Clementine Atlas of the Moon. New York: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-81528-4.
- Cocks, Elijah E.; Cocks, Josiah C. (1995). Who's Who on the Moon: A Biographical Dictionary of Lunar Nomenclature. Tudor Publishers. ISBN 978-0-936389-27-1.
- McDowell, Jonathan (July 15, 2007). "Lunar Nomenclature". Jonathan's Space Report. Consultado o 2007-10-24.
- Menzel, D. H.; Minnaert, M.; Levin, B.; Dollfus, A.; Bell, B. (1971). "Report on Lunar Nomenclature by the Working Group of Commission 17 of the IAU". Space Science Reviews 12 (2): 136–186. Bibcode:1971SSRv...12..136M. doi:10.1007/BF00171763.
- Moore, Patrick (2001). On the Moon. Sterling Publishing Co. ISBN 978-0-304-35469-6.
- Price, Fred W. (1988). The Moon Observer's Handbook. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-33500-3.
- Rükl, Antonín (1990). Atlas of the Moon. Kalmbach Books. ISBN 978-0-913135-17-4.
- Webb, Rev. T. W. (1962). Celestial Objects for Common Telescopes (6th revision ed.). Dover. ISBN 978-0-486-20917-3.
- Whitaker, Ewen A. (1999). Mapping and Naming the Moon. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-62248-6.
- Wlasuk, Peter T. (2000). Observing the Moon. Springer. ISBN 978-1-85233-193-1.