Covas do Conventico
As Covas do Conventico son unhas covas históricas situadas en Melilla a Vella e que teñen o seu acceso desde o Museo de Arte Sacra, na cidade española de Melilla e forma parte do Conxunto Histórico Artístico da Cidade de Melilla, un Ben de Interese Cultural.[1][2]
Tipo | cova museo atracción turística | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Melilla, España | |||
| ||||
Características | ||||
Ben de interese cultural | ||||
Conxunto histórico-artístico | ||||
Historia
editarNun principio, grutas naturais escavadas pola auga na Cala de Trápana, foron usadas por fenicios, romanos, árabes para gorecerse metendo os seus barcos na gran cavidade e finalmente polos españois, que escavaron no século XVIII varios niveis sobre as grutas naturais para almacéns de víveres, aínda que o seu uso máis soado foi cando foron usadas para aloxar á poboación no Sitio de Melilla (1774-1775).[1][3][4]
En 1925, coa construción do Porto de Melilla a enseada cegouse con area, formándose unha praia. Entre 1993 e 1995 construíuse o arco parabólico e as paredes cara á Cala de Trápana, e máis tarde construíronse bóvedas de ladrillo no terceiro nivel e pavimentáronse as rúas situadas encima destas, Miguel Acosta e Concepción, debido ao risco de derrubamento, facéndose visitables coincidindo co V centenario da ocupación española de Melilla coa instalación de pavimentos de madeira. Entre 1998-2000 apontoouse e reforzou o primeiro nivel, comunicáronse todos os niveis, construíron aseos e unha depuradora debaixo da escaleira que baixa a Trápana.[1][5][6][7]
Descrición
editarDispón unha xigantesca cavidade aberta, reforzada por un arco parabólico de pedra e ladrillo e tres niveis intercomunicados, de máis baixo a máis alto. O primeiro consta de dúas naves que se cruzan e foi usado como igrexa, o segundo, un conxunto de estancias comunicadas entre si e con xanelas ao exterior, sendo o terceiro parecido ao anterior, pero de estancias máis pequenas e baixas.[1][8][9][10][11][12]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Moreno Peralta, Salvador; Bravo Nieto, Antonio; Saéz Cazorla, Jesús Miguel (1990). Melilla la Vieja Plan Especial de los Cuatro Recintos Fortificados (PDF). EDICIONES SEYER. pp. 220–225. ISBN 84-87291-95-3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de setembro de 2023. Consultado o 20 de setembro de 2024.
- ↑ "Primer recinto" (PDF). Consultado o 2 de agosto de 2017.
- ↑ Bravo Nieto, Antonio (1997). Cartografía histórica de Melilla (en castelán). ISBN 9788486022853.
- ↑ Villaba González, Miguel (2012). Colección cartográfica de mapas, planos y dibujos de melilla, en el Archivo General de Simancas (1564-1797). Imagraf. Consultado o 19 de enero de 2018.
- ↑ Vellés Montoya, Javier (1997). Melilla la bien guardada. Notas y dibujos para la restauración de sus murallas (1988-1997) (en castelán). Melilla: UNED Melilla. ISBN 84-87291-93-7.
- ↑ Vellés, Javier (2011). "Restauración de las Cuevas del Conventico en Melilla". Loggia. Arquitectura & Restauración (en castelán) (2): 71–77. ISSN 2444-1619. doi:10.4995/loggia. Consultado o 3 de agosto de 2017.
- ↑ Vellés, Javier (2011). "Recóndito lugar del Mediterráneo. Las cuevas del Conventico, obras de restauración" (PDF) (10): 71–77. ISSN 1579-0959. Consultado o 3 de agosto de 2017.
- ↑ Santacana Mestre, Joan; Martínez Gil, Tània; García Barat, Rafael (2011). "Melilla, ciudad patrimonial. La visibilidad del patrimonio intangible. El ejemplo de las cuevas del Conventico" (PDF) (10): 60–65. ISSN 1579-0959. Consultado o 3 de agosto de 2017.
- ↑ "Cuevas del Conventico". Arquivado dende o orixinal o 13 de octubre de 2017. Consultado o 12 de octubre de 2017.
- ↑ Historia de Melilla a través de sus calles y barrios. Asociación de Estudios Melillenses. 1997.
- ↑ Lechado Granados, Melero Pascual, Cabanillas Gutiérrez, Amar Salat, Atencia Andreu e Mimón Bouzbib (2015), p. 75
- ↑ Bravo Nieto (2002), p. 69
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Bravo-Nieto, Antonio (2002). Melilla, Guía histórico, artística y turística (en castelán) (1ª ed.). León: Evergráficas. ISBN 84-241-9300-8.
- Lechado Granados, Mª del Carmen; Melero Pascual, Julia; Cabanillas Gutiérrez, Gustavo; Amar Salat, Karima; Atencia Andreu, Ana; Mimón Bouzbib, Dunia (2015). Melilla. Guía turística (en castelán). Galland Books. ISBN 978-84-16200-16-0.
Ligazóns externas
editar- Sitio oficialArquivado 13 de outubro de 2017 en Wayback Machine..