Cova dos Mouros

formación cuarcítica na Fontaneira, Baleira

Coordenadas: 43°02′35″N 7°12′02″O / 43.043055555556, -7.2005555555556

A cova dos Mouros[1] é unha formación cuarcítica situada na parroquia da Fontaneira, Baleira. Atópase a uns 900 metros ao norte da aldea da Fontaneira.

Historia editar

Esta cavidade foi explorada, dende o punto de vista arqueolóxico,[2] por primeira vez no ano 2018. Identificáronse paneis de arte esquemática. É o primeiro exemplo desta arte detectada e escavada na Galiza. As intervencións realizadas evidencian ocupacións humanas polo menos do Neolítico Medio ao Bronce Inicial.

Notas editar

  1. "Cova dos Mouros". Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. 2022-08-03. 
  2. Rodríguez Rellán, Carlos; Fábregas Valcarce, Ramón; Carrero Ramírez, Fernando. "Intervención arqueológica en el abrigo de Cova dos Mouros (Baleira, Lugo). Un primer ejemplo de pintura esquemática en Galicia" (PDF). Muniba Antropologia-Arkeologia (70): 85–105.