Corymbia ficifolia
Corymbia ficifolia | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Flores do eucalipto. | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Non ameazado | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
'Corymbia ficifolia' (F.Muell.) K.D.Hill & L.A.S.Johnson, 1995 |
O Corymbia ficifolia, previamente Eucalyptus ficifolia, é unha árbore da familia Myrtaceae (a mesma familia na que se inclúen os eucaliptos verdadeiros). Emprégase coma ornamental en Galicia.[Cómpre referencia]
Distribución e hábitat
editarÉ nativo dunha área pequena das costas do sur de Australia Occidental (dunhas ducias de quilómetros) ao leste da localidade de Walpole (430 km ao sueste de Perth), porén non é considerada vulnerábel en estado salvaxe.
En Australia denomínana "Red Flowering Gum" (eucalipto de flor vermella)
Prefire solos infértiles e areentos, mais adáptase de xeito doado a unha gran diversidade de condicións tépedas. Non atura as xeadas severas ou o exceso de humidade tropical.
Úsase coma ornamental coma árbore de beirarrúa: algo resistente ao frío, de moderado crecemento, non adoita requirir poda.
Non se reproduce por esgallos, pero faino ben de semente, tarda ao redor de 7 anos antes de que floreza por vez primeira e 15-20 anos para acadar o seu tamaño final que é de entre 2–8 m como máximo.
Taxonomía
editarCorymbia ficifolia foi descrita por (F.Muell.) K.D.Hill & L.A.S.Johnson e publicado en Telopea 6: 245. 1995.[1]
- Eucalyptus ficifolia F.Muell.
- Eucalyptus ficifolia var. alba Guilf.
- Eucalyptus ficifolia var. bakeri Guilf.
- Eucalyptus ficifolia var. carmina Blakely
- Eucalyptus ficifolia var. rosea Guilf.[2]
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Corymbia ficifolia |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Hill, K.D. & Johnson, L.A.S., (1995) Systematic studies in the eucalypts. 7. A revision of the bloodwoods, genus Corymbia (Myrtaceae). Telopea 6(2-3).: 245 [comb. nov.]
- Wheeler, J.R., Marchant, N.G. & Lewington, M.(2002) Flora of the South West 2.: 698
- Taplin, R.L. & Symon, D.E., (2008) Remnant horticultural plants at the site of the former Newman's Nursery, 1854-1932. Journal of the Adelaide Botanic Gardens 22.: 84