Corvo de Nova Caledonia

Corvo de Nova Caledonia
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Corvidae
Xénero: Corvus
Especie: C. moneduloides
Nome binomial
'Corvus moneduloides'
Lesson, 1830

O corvo de Nova Caledonia (Corvus moneduloides) é unha especie de ave da familia dos córvidos e membro do xénero Corvus.

É endémica de Nova Caledonia e foi introducida nas illas da Lealdade. Habita nos bosques aínda que se pode ver en zonas máis abertas.[1]

É omnívoro e habitualmente aliméntase en parellas ou pequeno grupos familiares, mais víronse bandadas de até 30 individuos. Os seus métodos para proverse de comida son únicos entre as aves e atópanse só no home e algúns dos seus parentes próximos. É capaz de crear e modificar pequenas ferramentas que usa para extraer o seu alimento de buracos e fendas.[2]

  1. BirdLife International. "Species factsheet: Corvus moneduloides" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2009. Consultado o 13 de abril de 2009. 
  2. Hunt, G.R. and Gray, R.D. (2004). "Direct observations of pandanus-tool manufacture and use by a New Caledonian crow (Corvus moneduloides)." (PDF). Animal Cognition 7: 114?120. doi:10.1007/s10071-003-0200-0. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de outubro de 2008. Consultado o 13 de abril de 2009. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar