Corto Maltés

personaxe de banda deseñada creado por Hugo Pratt

Corto Maltés é un personaxe de banda deseñada creado en 1967 para a revista Sarxento Kirk polo debuxante italiano Hugo Pratt.

As súas aventuras fálannos dunha personaxe case real, cunha biografía detallada e unha complexidade humana moi elaborada polo seu autor. Á hora de escoller escenarios para as aventuras do Corto Maltés, Hugo Pratt seguía o costume de elixir paisaxes abertas en lugares que evocasen antigos mitos, lendas ou batallas.

O Corto Maltés é un aventureiro que naceu en Malta a finais do século XIX, fillo dunha xitana de Xibraltar e dun mariñeiro de Cornualla. Se se tivese que relatar un feito que definise a súa rebeldía sería o de facerse sendo neno cunha navalla , unha nova liña da vida mais longa porque a orixinal non lle satisfacía.

É protagonista das seguintes obras: A Balada do Mar Salgado (1967), Baixo o signo de Capricornio (1970), Sempre un pouco máis lonxe (1970), As célticas (1971), As etiópicas (1972), Corto Maltés en Siberia (1974), Fábula de Venecia (1977), A casa dourada de Samarcanda (1980), A mocidade (1981), Tango (1985), As helvéticas (1987), (1988).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar