Corte Suprema de Xustiza de Colombia

organismo xudicial supremo de Colombia

A Corte Suprema de Xustiza de Colombia (en castelán: Corte Suprema de Justicia de Colombia) é o órgano xudicial máis alto en asuntos civís e penais e asuntos de procedemento criminal e civil en Colombia. O Tribunal Supremo de Colombia é a autoridade máis alta en relación á interpretación de lei administrativa, lei constitucional e a administración da maxistratura.[1]

Selo da Corte Suprema de Xustiza de Colombia.
Palacio de Xustiza.

O tribunal consiste en vinte e tres xuíces, elixidos pola mesma institución en lista conformada polo Consello Superior da Xudicatura para termos individuais de oito anos. A Corte Suprema reúnese no Palacio de Xustiza da Praza de Bolívar, en Bogotá.

Notas editar

  1. "Constitución Política de Colombia.". Alcaldía de Bogota. Article 237, Article 239. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar