Corpúsculo de Hassall
Os corpúsculos de Hassall, tamén chamados corpúsculos tímicos ou corpos tímicos, son estruturas que se atopan na medula do timo humano, formadas por células epiteliais tímicas de tipo VI eosinófilas dispostas concentricamente. Estes corpúsculos concéntricos están compostos por unha masa central, que consta dunha ou máis células granulares, e dunha cápsula formada por células epitelioides. Varían en tamaño, con diámetros que van desde os 20 a máis de 100 μm, e tenden a facerse máis grandes coa idade.[1] Poden ser esféricos ou ovoides e as súas células epiteliais conteñen queratohialina e feixes de fibras citoplásmicas.[2] Posteriores estudos indicaron que os corpúsculos de Hassall se diferenciaban das células epiteliais tímicas medulares despois de que estas perdían a expresión do regulador autoinmune (AIRE).[3] Isto fainos un bo exemplo de células miméticas tímicas.[4] Reciben o seu nome por Arthur Hill Hassall, que as descubriu en 1846.[5][6]
A función dos corpúsculos de Hassall polo momento non está moi clara, e a ausencia desta estrutura no timo da maioría das especies murinas (agás na cepa de rato branco de Nova Zelandia) restrinxiu inicialmente os estudos. Sábese que os corpúsculos de Hassall son unha potente fonte da citocina TSLP. In vitro, a TSLP dirixe a maduración das células dendríticas e incrementa a capacidade das células dendríticas de converter os timocitos virxes nunha liñaxe de células T regulatorias Foxp3+.[7][8] Con todo, non se sabe se esta é a función fisiolóxica dos corpúsculos de Hassall in vivo.
Atopáronse autoantíxenos específicos de tecido nos corpúsculos de Hassall, e comprobouse o seu papel na patoxénese de doenzas como a diabetes tipo 1, artrite reumatoide, esclerose múltiple, tiroidite autoinmune, síndrome de Goodpasture e outras. Tamén se descubriu que os corpúsculos de Hassall sintetizan quimiocinas que afectan diferentes poboacións de células na medula tímica. Malia todo isto, a información sobre as relacións entre os corpúsculos de Hassall e outros tipos de células da medula tímica (dendríticas, célula mioides, neuroendócrinas, timocitos, macrófagos, eosinófilos, etc.) segue sendo insuficiente e a miúdo contraditoria. Os mecanismos destas relacións e a súa importancia funcional aínda non están claras. A falta deses datos non nos permite termos unha visión sistémica dos procesos de diferenciación no timo.
Notas
editar- ↑ Geneser, Finn (1999). Histologi. Munksgaard Danmark. ISBN 87-628-0137-6.
- ↑ Dorland's (2012). Dorland's Illustrated Medical Dictionary (32ª ed.). Elsevier. p. 419. ISBN 978-1-4160-6257-8.
- ↑ Wang, Xiaoping; et al. (2012). "Post-Aire maturation of thymic medullary epithelial cells involves selective expression of keratinocyte-specific autoantigens". Front. Immunol. 3 (marzo): 19. PMC 3310317. PMID 22448160. doi:10.3389/fimmu.2012.00019.
- ↑ Michelson, Daniel A.; Mathis, Diane (outubro de 2022). "Thymic mimetic cells: tolerogenic masqueraders". Trends in Immunology (en inglés) 43 (10): 782–791. PMC 9509455. PMID 36008259. doi:10.1016/j.it.2022.07.010.
- ↑ Louis Kater: A Note on Hassall's Corpuscles. Contemporary Topics in Immunobiology Volume 2, 1973, pp. 101-109.
- ↑ Hassall, A. H., 1846. Microscopic Anatomy of the Human Body in Health and Disease, Highly, Londres.
- ↑ * Watanabe N, Wang Y, Lee H, Ito T, Wang Y, Cao W, Liu Y (2005). "Hassall's corpuscles instruct dendritic cells to induce CD4+CD25+ regulatory T cells in human thymus.". Nature 436 (7054): 1181–5. Bibcode:2005Natur.436.1181W. PMID 16121185. doi:10.1038/nature03886.
- ↑ "Old mystery solved, revealing origin of regulatory T cells that 'police' and protect the body"
Este artigo incorpora texto en dominio público da P1343 da 20ª edición de Gray's Anatomy (1918)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- synd/1912 en Who Named It?
- UIUC Histology Subject 1247
- Histoloxía no KUMC lymphoid-lymph03 "Hassall's Corpuscles"
- Histology image: 61_05 no Health Sciences Centre da Universidade de Oklahoma - "Thymus"
- Imaxe de Histoloxía: 07407loa – Histology Learning System na Universidade de Boston - "Lymphoid Tissues and Organs: thymus, Hassall's corpuscles"