Corallum é un termo do latín científico empregado para designar, nos cnidarios antozoos hexacoraliarios da orde dos escleractinios (os chamados corais duros), o seu esqueleto calcario completo.[1][2][3]

Etimoloxía editar

Corallum e o acusativo do latín corallium, "coral".[3]

Esqueleto dos corais coloniais editar

O esqueleto dun coral colonial, ou corallum, está formado por esqueletos individuais (chamados coralitos), cada un deles segregado por un pólipo. As formas distintivas dos corallum reciben unha variedade de nomes.[4] O conxunto do corallum e os coralitos recibe o nome de cenósteo.

Exemplos de uso editar

  • Ctenactis triangularis ten un corallum en forma de brazo triangular coa boca que se estiende ao largo dos tres brazos.[5]
  • Os antipatarios, ou corais negros, son antozoos coloniais caracterizados por un eixe esquelético quitinoso cuberto en grao variálel por pequenas espiñas. O tamaño e a estrutura dos pólipos deste grupo son características taxonómicas importantess, así como la morfoloxía do esqueleto e da columna. Parece que a morfoloxía do corallum, e até certo punto a morfoloxía das espinas esqueléticas está influída por poliquetos simbióticos. Como estas características teñen un alto valor taxonómico nos antipatarios, deben usarse con precaución en corais negros con fauna de poliquetos asociada.[6]

Notas editar

  1. Garrido, C. 1997, p. 105.
  2. Corallum no Dicionario Collins.
  3. 3,0 3,1 Corallum no Merriam-Webster Dictionary.
  4. corallum en encyclopedia.com (en inglés).
  5. Mondal, T. & C. Raghunathan (2013): "Description of a new coral species Ctenactis triangular is (Scleractinia: Fungiidae) from Andaman Islands, India". Journal of Threatened Taxa, 5 (12): 4653-4659.
  6. Molodtsova, T. & N. Budaeva (2007): "Modifications of corallum morphology in black corals as an effect of associated fauna". Bulletin of Marine Science, 81 (3): 469-480.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar