Matacandil
cogomelo
(Redirección desde «Coprinus comatus»)
Matacandil | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Coprinus comatus (O.F.Müll.) Pers. (1797) | |||||||||||||||
Sinonimia[1] | |||||||||||||||
O matacandil (Coprinus comatus), tamén coñecido como barbuda, é un cogomelo da orde dos Agaricales.
Descrición
editarO sombreiro é de cor branca-sepia, con escamas imbricadas algo máis escuras. O diámetro é de 3 a 8 cm., e a altura de até 20 cm. As lamelas son primeiro brancas, logo rosadas e ó final negras.
O pé é longo, liso e oco cun anel baixo. Sepárase facilmente do chapeu e pode alcanzar 20 cm. de altura.
As esporas son de cor verde.
Hábitat e época
editarMedra en pasteiros ben abonados, parques, bordos de camiños, terreos removidos e vertedoiros, desde primavera até finais de outono.
Comestibilidade
editarConsidérase un comestible excelente, aínda que ten que consumirse o mesmo día que se colleita.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Matacandil |
Bibliografía
editar- Asociación Micológica Zamorana, 2005: Setas y Rutas Micológicas en Sanabria, Carballeda y los Valles. Ed. ADISAC LA VOZ. (en castelán)
- Shelley Evans, Geoffrey Kibby, 2004: Guías de bolsillo. Hongos. Ed. Omega. ISBN 84-282-1089-6. (en castelán)
Ligazóns externas
editar- ↑ "Coprinus comatus (O.F. Müll.) Pers. 1797". MycoBank. International Mycological Association. Consultado o 2012-03-03.