Copa América de hóckey a patíns feminina

A Copa América de hóckey a patíns feminina é unha competición internacional de hóckey a patíns organizada pola Confederación Sudamericana de Patín (CSP) disputada dende o ano 2006 e que conta co recoñecemento do Comité Internacional de Hóckey a patíns (CIRH). Este recoñecemento como competición internacional por parte do CIRH implica que a regulamentación segue os cánones internacionais oficiais. Nesta competición poden participar tódalas seleccións que sexan membros da CSP, independentemente de se son orixinarias do Continente americano, así como calquera selección convidada pola Confederación. A selección de Cataluña é a única que disputou o título sen ser convidada grazas á súa adhesión definitiva á CSP o 11 de febreiro do 2007.

O sábado 3 de novembro, coa ocasión da Copa América masculina 2007, os delegados da CSP decidiron en Recife, sede do torneo, nunha reunión extraordinaria anunciar as vindeiras sedes da Copa América. En categoría feminina anunciouse Brasil 2011, a pesar de que nun principio a terceira edición íase disputar en Colombia (así se anunciara ao finalizar a Copa América do 2007), no 2009, ante a imposibilidade de Colombia para organizar a competición, a federación catalá, que ía organizar en Vic a terceira edición da competición masculina no 2010, colleu o relevo co obxectivo de facer coincidir no mesmo ano a competición feminina coa masculina.

Historial editar

Edición Ano Sede Campión Subcampión 3º posto 4º posto
I 2007 Santiago de Chile (Chile)   Arxentina   Chile   Cataluña   Colombia
II 2008 Santiago de Chile (Chile)   Chile   Cataluña   Brasil   Estados Unidos
III 2010 Vic (Cataluña)   Arxentina   Cataluña   Chile   Alemaña
IV 2011 Brasil

Palmarés editar

Posición Selección Ouro   Prata   Bronce   Total
1   Arxentina 2 0 0 2
2   Chile 1 1 1 3
3   Cataluña 0 2 1 3
4   Brasil 0 0 1 1

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar