Coordenadas polares

En matemáticas, o sistema de coordenadas polares é un sistema de coordenadas de dúas dimensións no que cada punto nun plano está determinado por un ángulo e unha distancia. O sistema de coordenadas polares é especialmente útil cando a relación entre dous puntos se expresa máis ben en termos de ángulos e distancias. No sistema máis coñecido, o cartesiano ou de coordenadas rectangulares, estas relacións hai que atopalas a partir das funcións trigonométricas.

Representación das coordenadas polares, ángulos expresados en graos.

Como o sistema de coordenadas é de dúas dimensións, cada punto está determinado por dúas coordenadas polares: a coordenada radial e a coordenada angular. A coordenada radial (normalmente denotada por r) denota a distancia do punto ó punto central (coñecido como polo e equivalente á orixe no sistema cartesiano). A coordenada angular (tamén chamada ángulo polar ou ángulo acimutal, e normalmente denotado por θ ou t) denota o ángulo positivo (ou ángulo medido en sentido antihorario) para chegar ó punto a partir do eixe polar ou raio de 0° (que é equivalente ó eixe x positivo nas coordenadas cartesianas).[1]

  1. Brown, Richard G. (1997). Andrew M. Gleason, ed. Advanced Mathematics: Precalculus with Discrete Mathematics and Data Analysis. Evanston, Illinois: McDougal Littell. ISBN 0-395-77114-5. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar