Borrado de artigo editar

Ola, Zairita, que tal? Borreiche o artigo que comezaches a crear, por varias razóns: a primeira é que o contido é unha copia doutros lugares, e non o citaches correctamente. A segunda é que o artigo estaba bastante mal escrito conforme as regras da wikipedia (estilos, lingua, etc.). E a terceira, que eses contidos deberían incluírse no artigo principal (non era necesario crear un artigo específico sobre a infancia). Se tes algunha dúbida, estamos aquí para axudarte. E se queres recuperar o traballo feito para melloralo e reaproveitalo noutras circunstancias, tamén che podo botar unha man. Un saúdo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 08:08, 21 de setembro de 2012 (UTC)