Onde tanto ten que sexa domingo ou luns editar

  Tanto ten cando te achegues O Courel, ó xeito de vida non cambia dun luns a un domingo.A facenda reclama a atención dos caureaos,iso e o primeiro, e despois xa veremos..., eso sí cando fai falla ir un cabodano ou un enterro, vaise.Claro ó finado era amigo da famila , todolos són, mais tamen se aproveita para parolar cos amigos, ou mesmamente familiares que de seguro asisten ao desgraciado acontecemento.Eu diría que as veces un morto sirve para rachar ca monotonía que o propio modo de vida provoca.
 Cando un se adentra na serra sintese coma se estivera noutro mundo, e coma se foramos a una illa deserta onde só se perciben ó rumor das ondas e a brisa do mar. Mais aló no Courel troca a auga do mar pola dos rios Lor, Louzara, Selmo e alguns mais, e a brisa do mar, por ó ar puro da montaña. 
 Todo alí e coma un aula da natureza , coma un museo etnográfico, onde pouco a pouco a relaxación nos invade .


Vexo un souto logo a aldea está cerquiña editar

 Así é poderimaos decir que no Courel que ten cincoenta e moitas aldeas, pois ten tamen outros tantos soutos, polo que cando ollamos un , axiña ollaremos unha aldea preciosa, con xente ou sin xente pero preciosa, algunhas recordan os castros dos nosos ancestros,todas teñen ou sen encanto , así visitar Seceda , que parece que está achantada no medio dos montes, óu A Seara arriba no alto das montañas,tamen Outeiro que parece que construiuse na verticál  dun barranco. Todas elas merecen a nosa visita , e ollar como aló detivose  ó tempo. 
 Se atopas xente, fala con eles, estaranche agradecidos , e como si recibiran un emisario do novo mundo que ven con novas.Eles saben moito y poderan axudarte no que precises. E moi boa xente a xogo cas montañas, os castiñeiros a xogo ca paz .Non son como as tribus descoñecidas do Amazonas, non ,eles son do Lor , moito mais pequeno , pero si te acollen non dubides en aceptar a sua amable invitación, aprenderás moito, e descubrirás como sabe ó pan de verdade , saberás como saben os chourizos de verdade e si tes sorte dormirás enriba da corte.

Estou en paz. editar

  Certamente non atoparás grandes hoteles, piscinas  nin siquera gasolineiras,nin grandes areas comerciais, non. Aló non hay de eso, aló hay o que mais precisamos, adiviña.... , A PAZ.

Xa o dixo Uxío Novoneira , que o sabía cando escribiu "Os eidos", "Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe, eiquí sintese ben o pouco que é un home"

Bicos

Xoan

Vai cambiar o seu nome de usuario editar

18 de marzo de 2015 ás 01:46 (UTC)

Renomeado editar

19 de abril de 2015 ás 07:39 (UTC)