Conversa usuario:Xoán Carlos Fraga/Arquivo 2

No verán voume para a praia

Re: Dúas preguntas

editar

Vexo que cheguei tarde. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:59, 4 maio 2007 (UTC)

Graciñas

editar

Por terte ocupado da miña pequena "desfeita"... Mira que colárseme o de "blanca"... (sospiro) ái... é que a xente xa nin sabe falar con corrección o galego!! (Ou anda a meter artigos ás tantas da mañán, cando xa non se anda moi fresco!) Xa me avisaran do tema, pero tiña pendiente o da redirección, e como andiven un pouco ocupada de máis... Bueno, que eso, que graciñas!! Skulda 18:25, 23 maio 2007 (UTC)

a femia da pita do monte

editar

Ola, mira, son novo en todo isto e non sei moi ben se procedo correctamente ao facer estes comentarios.

O caso é que fixen unhas modificacións no artigo da pita do monte e deixei un comentario da sección de axuda da taberna. Está aquí.

Non pensei que se cadra tes ti a solución.

Un saúdo.--vilachan 15:45, 24 maio 2007 (UTC)

  • De acordo, pois espero que encontremos solución. Eu vivo en Alemaña e non sei se darei con alguén que saiba a cor do paxaro ;-), pero quedo con isto na cabeza. Máis saúdos.--vilachan 18:51, 25 maio 2007 (UTC)

A Rúa / La Rúa

editar

Deixo esta copia da wikipedia en castelan por si acaso podes facer algo es:A Rúa / es:La Rúa con #REDIRECT[[]] me pareceria bien. Ségun la ley los toponimos oficiales de Galicia estan determindados en gallego. Ahora bien la wikipedia en castellano puede traducir al castellano segun sus normas de enciclopedia. En tal caso A Rúa es La Rúa, y me parece conveniente poner las dos formas. Por otra parte seria amable de guardar el interwiki al françés, ya va de dos veces que lo añado. No soy périta en castellano, pero esto no le saca valor a mi opinion. Muchas gracias por la atencion. Un saludo Elvire 15:56 19 jun 2007 (CEST)

Fuentes : LEY 3/1983, de 15 de junio, de normalización lingüística : ARTICULO 10 1. LOS TOPONIMOS DE GALICIA TENDRAN COMO UNICA FORMA OFICIAL LA GALLEGA.

in [1]

Elvire 16:24 19 jun 2007 (CEST)

Obtenido de "http://es.wikipedia.org/wiki/Usuario_Discusi%C3%B3n:Rupert_de_hentzau" Ver tamen es:Discusión:Rúa Un saudo cordial Elvire 14:45, 19 xuño 2007 (UTC)

Agradecida pola tua atencion e esplicacios. O do interwiki, non se daba conta, non volvera facerlo, e mentras tanto pasou un robot engadir au fr. Eu sei ben que eso dos interwiki poñen no bots, pero tardan moito en pasar e a min faime falta pasar nas tres lenguas, sin esperar tanto. Polo da Rúa, respondeume coa fonte dun dicionario de toponimia dos lugares en castelan. Doume conta que seguir seria inutil. Vexo , por iste caso e outros que a wikipedia en castelan respeta menos o galego cas outras wikipedias. Non da mais. Saudo cordial e agradecida Elvire 20:08, 19 xuño 2007 (UTC)

Mareas "vermellas" de cor verde

editar

Respecto á imaxe que metiches no artigo Marea vermella... vai saber o que hai nesa canle. Nas augas doces hai cantidade de algas microscópicas que adoitan ter pigmentos verdes. E así distinguimos entre algas verdes e as algas vermellas ou pardas (rodofitas). Calquera poza con auga desenvolve ós poucos días esa cor verde, a pouco sol que lle dea (ríos, lagos, piscinas, charcos, mesmo unha botella de auga que deixes baixo o efecto da luz solar). E todo iso non ten que ver co fenómeno das denominadas "mareas vermellas": dinoflaxelados que poden tinxir a auga de cor pardo, vermello ... ou verde.

Esa canle xaponesa tan asquerosa pode ser un caso de marea vermella pero así, en principio, non me atrevería non só a aseguralo senón nin siquera a insinualo. Para min que se trata dun fenómeno de eutrofización moi diferente dos afloramentos costeiros de dinoflaxelados responsables das mareas vermellas. Aínda máis: se o lector da Galipedia se quedase coa idea de que calquera auga verdosa coma esa pode estar relacionada coas mareas vermellas, as toxinas e todo iso que a prensa describe de forma ás veces tan equívoca, flaco favor lle faríamos. Así, desa cor, está a auga do embalse que prové de auga doce de Vilagarcía, sen ir máis lonxe, de moitos ríos do interior ou da miña piscina durante todo o outono-inverno no que deixamos de botarlle cloro e de renova-la auga.

Supoño que será difícil confirmar a causa desa cor nesa canle xaponesa. Saúdos. Pedro. --Lameiro 13:10, 25 xuño 2007 (UTC)

  • Non sei se segues os comentarios que se están a facer en Galipedia>Axuda>¿Alguén que saiba alemán? sobre este tema por parte de colegas que parecen entender o alemán. Tal como o din, parece ser certo que ese canle sofre unha "explosión/afloramento" de algas, pero non unha marea vermella. Vou esperar uns días a ver se hai máis intervencións. Saúdos. Pedro. --Lameiro 18:21, 25 xuño 2007 (UTC)


Biocombustíbeis

editar

Ola so che quería dar as grazas por contribuires a amplia-lo artico do Biodiésel, a verdade e que moito non me interesaba moito o tema dos combustibéis, pero creo que é importante que toda wikipedia teña artigos relacionados con este tema. --Hugo22 20:07, 26 xuño 2007 (UTC)

Referencias

editar

O tema das referencias é neste intre un dos puntos críticos do wiki, todo o que se faga no sentido de completar o sistema é moi necesario. Non coñezo o sistema en castelán pero en inglés teñen dous modelos principais cunha redacción diferente para indicar o mesmo. Un deles indica que faltan referencias dun xeito no que se sinala que simplemente hai que incluílas e o outro indica que a falta de referencias está relacionada coas dúbidas sobre a veracidade do que na entrada se afirma. Todo o que se faga para completar o sistema, creación de modelos, redacción de documentos de axuda, etc... ten un enorme valor. Se creas o marcador perfecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:55, 27 xuño 2007 (UTC) Engadido: para deixar algo na edición é que non saia no artigo hai que inserir o código de comentario. Faise así: antes do comezo ponse <!-- e despois do final -->. --Prevertgl 12:31, 27 xuño 2007 (UTC)

Grazas

editar

grazas, que son portugués e non sei aínda demasiado de galego! podes ler tamén as outras paxinas que puxen? un saúdo!!

--Serlui 10:11, 1 xullo 2007 (UTC)

Cabido

editar
  • O VOLGA recomenda usar cabido en vez de cabildo. Un saúdo. --Xosé (✉) 11:13, 8 xullo 2007 (UTC)

Pardo de Cela

editar

Sobre o que pasou con este artigo, mira esta mensaxe: aparentemente, ás veces padezo de extraños erros ao desfacer e desaparece texto. Non foi intencionado (e perdoa por che ter feito redactar a túa mensaxe), pero penso que o solucionei máis tarde (non vin a túa mensaxe até hoxe). --Xosé (✉) 17:40, 8 xullo 2007 (UTC)

Aniversario

editar

Ola Xoán Carlos. O pasado 13 de xuño cumpríronse dous anos desque te rexistraches. Quero aproveitar a ocasión. cun pouco de retraso, para darche os parabéns polo traballo feito nestes dous anos. Segundo as derradeiras estatísticas de maio eres un dos dez usuarios con maiores contribucións na Galipedia, porén neste proxecto nunca fomos persoas que valorasemos a contribución dun usuario polo número de edicións (mesmo sendo importante só é un dos datos). Agradezoche a pegada que deixas no wiki e que sexas un dos colaboradores que contribuíu a construír a carácter desta Wikipedia. Un cordial saúdo. Prevertgl 01:00, 11 xullo 2007 (UTC)

Grazas. Nunca se fai o suficiente. Por certo onte esquecín asinar :-) Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:25, 11 xullo 2007 (UTC)

fluor vs. flúor

editar

Xoán Carlos, xa que andas a facer correccións e mantemento, corrixe a entrada principal do artigo fluor (elemento), que debería ser flúor, con til. As razóns explícoas na páxina de discusión. Pedro --Lameiro 20:01, 11 xullo 2007 (UTC)

Grazas polas correccións que realizaches. Son incriblemente despistado--Lmbuga Commons - Galipedia 12:00, 6 agosto 2007 (UTC)

eclipse solar

editar

Coincidimos no tempo nas correccións de eclipse masculino por eclipse feminino, e fixen ademais outras correccións dos lusismos que hai no texto. O problema foi que cando quixen gardar saiume un aviso de "conflito de edicións" porque alguén fixera cambios na páxina. Os teus. Eos meus cambios... ó carallo. Pero non era esta a cuestión: teño visto en ocasións, ó abrir algunhas páxinas, unha advertencia de que esa páxina está sendo editada nese momento e que non se toque. advertencia que eu non vin agora nin, seguramente, viches ti. ¿Por que? ¿Hai que facer algo para que apareza esa advertencia? A verdade é que resulta ben útil porque aforraría un bo traballo. Un saúdo. Pedro --Lameiro 18:35, 21 agosto 2007 (UTC)

  • Non te preocupes que máis se perdeu en Cuba. Pero iso si: ¿que aviso é o que hai que poñer? Seguramente tería que utilizalo eu tamén nalgunha ocasión. Pedro --Lameiro 18:44, 21 agosto 2007 (UTC)

Grazas por todo

editar

Grazas por todo, polas túas correcións e sobre todo pola túa xenerosidade. Fuches un dos usuarios máis xenerosos co seu traballo que coñecín neste periplo. Un afectuoso saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 20:43, 30 agosto 2007 (UTC)

Admeis de poder ler as miñas palabras e as de Lambriscae (con quen espero ter quedado como amigos) na piña páxina de usuario agradézoche que leas a miña demisión en Wikipedia:A Taberna (novas)#Administración. Grazas --Lmbuga Commons - Galipedia 17:06, 6 setembro 2007 (UTC)

Conflito

editar
  • A substitución de conflicto por conflito é a típica tarefa que se lle pode deixar a un bot. De feito, acabo de botar o meu a facer esta substitución. Cando vexas casos deste tipo non duvides en avisar-me e eu o poño en marcha. Saúdos. --Xosé (✉) 19:54, 6 setembro 2007 (UTC)
  • A substitución é manual, claro. De feito, no caso de conflicto hai moitas que son bibliografias e páxinas web. Con ademais non hai ese problema, de momento (desde que o puxen, con ademais vai en Eurozona e con conflito vai en Iaser Arafat. Se eses erros recorrentes desaparecen estarás máis libre para corrixir erros de expresión, etc. Un saúdo. --Xosé (✉) 21:51, 6 setembro 2007 (UTC)
  • Buff, rematei coas que me propuxeche. Levoume varios dias e calculo que se fixeron perto de 2.000 correccións! Cando queiras... máis!! --Xosé (✉) 22:17, 11 setembro 2007 (UTC)
  • Ah, si. quedan algúns casos por corrixir e pode que algún non estivese ben; maiormente é porque na mesma páxina pode haber varias correccións que facer e unha (habitualmente eran links en castelán ou inglés) que non hai que cambiar e neses casos o bot que uso cambia a páxina enteira, non podo dicirlle "estes si e estes non". --Xosé (✉) 11:23, 12 setembro 2007 (UTC)
  • Coloco aqui as correccións que me indicache. Irei riscando as que remate para que lles botes unha ollada.
gracias > grazas, desgracia > desgraza, licencia >licenza, perseverancia> perseveranza, presencia>presenza, sentencia>sentenza, servicio > servizo, servicial >servizal, tercio >terzo, tercia> terza, espaciar > espazar, sen embargo > porén, nembargantes > porén, pao> pau, bacallao> bacallau, esto>isto, eso>iso, aquelo>aquilo, triple > triplo ou tripla, alomenos > polo menos, entonces > entón, tal vez>talvez, anque > aínda que

correccións

editar

Grazas polas correccións do meu galego no artigo Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá pero teño unha dúbida, eu tamén pensara cando o estaba a facer que era brilante e consultei no Cumio pero alí di que é brillante, e por eso o deixei. ¿Cál é a correcta? Grazas. Alma 10:38, 9 setembro 2007 (UTC)

  • Grazas, polo momento aínda me estou adaptando, levaba demasiado tempo sen pasar por aquí.--Rocastelo(fálame aquí) 18:38, 12 setembro 2007 (UTC)

champiñón

editar

Xoán Carlos: a imaxe que hoxe pos no artigo champiñón sí que é, pero a que puxeches ó crea-lo artigo non, polo que retiro esta. Semella o que en castelán se chama yesquero multicolor (e que agora mesmo non podo busca-lo nome galego). Ningún champiñón medraría sobre o tronco dunha árbore. Saúdos. Pedro --Lameiro 22:04, 12 setembro 2007 (UTC)

Mudei o cadro como dixeches :). Un saúdo --Banjo tell me 19:13, 15 setembro 2007 (UTC)

  • Non hai por que dalas. Noraboa polo teu traballo nas correccións, segue así! Saúdos --Banjo tell me 19:18, 15 setembro 2007 (UTC)

Ahá!!!

editar

Tes razón!! Dame 3 minutos e verás!! --Chuck es dios 21:49, 15 setembro 2007 (UTC)

Que tal agora?? Millor?? Eu coido que si... ;) --Chuck es dios 22:08, 15 setembro 2007 (UTC)

Grazas, semella que a boa fe é un dos principios que máis respetas cando actúas. Segue así. Lansbricae (Ti dirás) 10:55, 16 setembro 2007 (UTC)

Grazas

editar

Non hai por que dalas, ;) Un agarimoso saúdo --Xabier Cid 12:34, 16 setembro 2007 (UTC)

Diacríticos do alfabeto árabe.

editar

Tes todiña a razón, esquecera que hai tempo (un ano xa!!) puxera uns artigos con vista a traducilos. De momento xa traducín o que me indicaches, prometo ir sacando do medio os demais aos poucos. Un saúdo. --Servando2 (Dime) 00:42, 17 setembro 2007 (UTC)


gracias pola benvida.--Quatrinauta 21:08, 18 setembro 2007 (UTC)

Lavamáns

editar

Moitas grazas, colega. Válenme as dúas para as "enfermidades de orixe alimentaria", aínda que a segunda non serve para os "manipuladores de alimentos". Explícome: o lavamáns nun establecemento, para os manipuadores profesionais, ten que ser de accionamento non manual. Cada quen, na casa, ten un lavabo normal, que abre e pecha coa man, pero nun establecemento de alimentación non se pode accionar coas mans, para non recontaminarse ó pecha-la billa. Aínda así, cada un para unha cousa, valen. Moitas grazas.

Tamén a Luís polas súas fotografías, aínda que teña que dicir que non me sirven para os meus fins. Con esta explicación creo que se entenden os motivos.

Saúdos. Pedro --Lameiro 21:20, 18 setembro 2007 (UTC)

Volver á páxina do usuario "Xoán Carlos Fraga/Arquivo 2".