Benvido/a á Galipedia VigoGZ. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:22, 17 xaneiro 2007 (UTC)

Imaxe sen licenza editar

 
Esta imaxe será borrada por carecer de licenza
Image:200623102126.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:200623102126.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro. É moi importante incluír a información precisa para non producir danos ao proxecto. Xa o formulario de carga indica o procedemento a seguir en cada caso e o xeito de conseguir axuda. Aproveito a ocasión para sinalar que tamén e preciso manifestar no campo resumo dos artigos a Wikipedia de orixe cando se trata dunha tradución, a licenza GFDL baixo a que está licenciada a Galipedia así o require.

Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos. Os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza (ou copyright) e a orixe (ou source). Tódalas imaxes que se suban á Galipedia teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí.

Pódeche axudar para entender o que é a licenza ler Wikipedia:Política de uso de imaxes. Tes un listado de licenzas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero si debe indicarse expresamente.

Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade para engadir os datos (Como contactar con outros usuarios)

--Prevert(talk) 12:22, 17 xaneiro 2007 (UTC)