Benvido/a á Galipedia Vaidevila. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:27, 13 agosto 2007 (UTC)

Re: sobre o GALE, galego como lingua estranxeira editar

Ola Vaidevila. A Wikipedia basease nunha serie de regras fundamentais, entre as que están o Punto de Vista Neutral, a Verificabilidade dos contidos en fontes fiables, Wikipedia non é fonte primaria (documentos en inglés). Os artigos deben redactarse nun tono neutro (o uso da primeira persoa do singular ou do plural non cumpre ese requisito), non deben conter opinións (por exemplo: "Se queremos que o galego funcione neste tipo de aulas deberemos desbotar a idea de que para saber galego hai que estudar longas listaxes de vocabulario ou saber todas as irregularidades do noso paradigma verbal"), deben achegar datos que poidan verificarse por terceiros e non meras afirmacións incluíndo referencias e concretando o alcance do exposto (por exemplo: "Hoxe a tipoloxía do alumnado mudou moito e, xunto aos propios galegos, nas nosas aulas entra alumnado de moi diferentes procedencias: o colectivo inmigrante, os emigrados retornados ou fillos/netos de emigrados, erasmus e sócrates estudantes nas universidades galegas..."). O enfoque do artigo no seu conxunto non cumpre os requisitos sinalados por ese motivo foi borrado. Confio en que esta resposta aclare completamente o sentido desa acción. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:27, 13 agosto 2007 (UTC)