Ola, puxen para borrar o artigo de Mercedes Castro por ser unha tradución literal de material con copyright, na wikipedia non se poden coller textos que teñan dereitos de autor como é o caso da reseña que aparece na Editorial Alfaguara.--Arco de Rayne 13:35, 17 agosto 2008 (UTC)

  • En realidade eu non borrei a entrada, tan só puxen o marcador de borrado e non podo tampouco restituíla, tan só pode facelo un administrador. Se vas á páxina da Editorial Alfaguara podes ver que ten copyright, que haxa xornais e outros medios que non a respecten é algo que non está na miña man remediar (aínda que é posible que eles si teñan permiso para reproducir esa información). Ademais a entrada tiña outro problema dicíase que era unha escritora en lingua galega, procurei referencias en internet é non atopei ningunha sobre publicacións dela en galego. Por suposto a túa colaboración é benvida e se lle dás ao artigo unha redacción propia o problema quedará resolto. Ás veces ás regras da wikipedia poden parecer que son moi esixentes pero é para garantir un resultado que achegue información libre e veraz. Para calquera dúbida tesme aquí, non te desanimes e por suposto non me consideres un obstáculo para colaborar, non o pretendo ser.--Arco de Rayne 19:39, 17 agosto 2008 (UTC) .
  • Grazas por arranxar o artigo de Mercedes Castro e por aclarar o seu do uso do galego.--Arco de Rayne 19:26, 18 agosto 2008 (UTC)