Actualización revertida editar

Ola, veño de reverter a túa aportación en Malandrómeda xa que na base de calquera enciclopedia e tamén desta, está que a información achegada debe ir acompañada de referencias para poder ser válida. Galipedia non é unha fonte primaria, e un non pode por este motivo editar artigos autobiográficos ou nos que poida haber algún tipo de conflito de intereses.

Con todo, se poideses achegar referencias válidas á información (pódelo facer na páxina de conversa da mesma, por exemplo) estaría moi ben e con pracer a entrada será actualizada. Sinto que ás veces na escrita é complicado ser conciso sen parecer rudo, nada máis lonxe da miña intención xD

Grazas por facer parte do proxecto, e falamos! --Oliveira (Conversa) 25 de agosto de 2018 ás 17:16 (UTC)Responder

Achégoche documentación das fotos do bolo do Torgal deste ano. Onde podes ver que tou eu só. http://cenizasenelaire.com/sets/malandromeda-cafepop-torgal-ourense-12-05-2018/ Inda que teño 4 formacións diferentes con outros colaboradores que veñen segundo o bolo. Unha aperta e a ver se me botas unha man con isto que pra catro que somos non axudarnos é unha pena.